lunes, 14 de abril de 2014

Visitas nos estaleiros

No dia de hoxe tivemos unha visita os estaleiro por parte de un grupo de anciáns  que están no centro de dia que a asociación AFAMO ten aquí en Moaña. AFAMO e  unha asociación sen ánimo de lucro creada por un grupo de familiares de persoas con enfermidade de Alzheimer e outras demencias, e cuxa orixe era a necesidade de dar forma as demandas dun grupo de persoas afectadas polas consecuencias destas enfermidades.

Desta volta o grupo estaba formado por nove anciáns e catro coidadores, unha parte  das anciáns vinculadas de algunha maneira coa vida dos estaleiros unhas por que seus familiares adicáronse a pesca e outra por que seus pais ou homes adicáronse a carpintería de ribeira mesmo os pais de dúas de elas traballaran no estaleiro de Casqueiro polo que despois de visitar o estaleiro de Calragho fomos visitar o de Casqueiro onde unha delas aínda recordaba cando lle traia a comida o seu pai.



No hay comentarios:

Publicar un comentario