jueves, 1 de junio de 2023

ACHEGA ECONÓMICA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA CONTINUAR COA REHABILITACIÓN DO ELISEO

 

A Deputación de Pontevedra, na súa sesión do 19 de maio de 2023, acordou conceder unha achega económica á Asociación Sueste por un importe de 7995,57 € para a continuación da rehabilitación do galeón das rías “Eliseo”, propiedade da nosa entidade., a través da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial na provincia de Pontevedra para o ano 2023.




Estas importantísimas axudas económicas por parte do organismo provincial son moi necesarias para o mantemento das embarcacións tradicionais. Os barcos tradicionais requiren de moito mimo e coidados para a súa satisfactoria conservación. Estes coidados e mimos teñen uns custes elevados para calquera asociación, de aí a xustificación destas subvencións; sen elas, moitas delas non poderían conservar e pór en valor as embarcacións tradicionais.