martes, 2 de abril de 2024

Unha boa nova

Faleceu o capitán Babé

Faleceu na Alta Mar o rapaza que veraneaba en Asturias, o de terra adentro namorado da mar, o galego de adopción. Faleceu Javier Babé. Será unha dura falta para o mundo da náutica. Babé faleceu o pasado venres, 29 de marzo, abordo da súa goleta “La Peregrina”, durante a travesía do “Reto Astrolabio”, coma consecuencia dun fallo cardíaco. Atopábase a unha distancia de menos de 500 millas náuticas do seu destino, a illa A Desexada, unha pequeña illa ao sureste do Caribe, rematada a súa expedición. Coa autorización da súa compañeira e tamén tripulante de “La Peregrina”, o corpo de Babé foi amortallado e lastrado cunha áncora, na tarde do sábado, 30 de marzo para que descansase no fondo do mar como era o seu desexo. O noso pésame a súa viúva e fillos e tamén aos seus compañeiros e amigos da expedición “Reto Astrolabio”

martes, 26 de marzo de 2024

SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA AO "ELISEO"

 



SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE 

LUCRO PARA A RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO 

PATRIMONIO MARÍTIMO-FLUVIAL NA PROVINCIA DE 

PONTEVEDRA, CONVOCATORIA 2023.

Nesta embarcación téñense acometido traballos durante o ano 2023 ao abeiro dunha solicitude de subvención con cargo as bases publicadas o día 27 de febreiro de 2023, pola Deputación de Pontevedra, dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo e fluvial na provincia de Pontevedra

PROXECTO:

GALEÓN DAS RÍAS “ELISEO”, TRABALLOS DE PINTURA, CARPINTERÍA NAVAL, MANTEMENTO DE MOTOR E INSPECCIÓN TÉCNICA DE BUQUES INTERMEDIA

CUSTE TOTAL DO PROXECTO:                        9.994,46 €

SOLICITU DE SUBVENCIÓN:               7.995,56 €

FINANZAMENTO PROPIO:                  1.998,89 €

ANO DE EXECUCIÓN:                         2023



NOME DO BUQUE

ELISEO

TIPOLOXÍA

GALEÓN DE RÍA

ANO DE BOTADURA

1908

MATRÍCULA FOLIO

7ª VILL 3-83-05

MANGA ENTRE FORROS

3,08 mts

ESLORA

11,20 mts.

TRIPULACION

3

PUNTAL DE CONSTRUCCIÓN

1,10 mts.

PROPULSIÓN

VELA MOTOR

PASAXEIROS AUTORIZADOS

12

ARQUEO BRUTO

7,71 TRB

ARMADORA

Asociación Sueste.