jueves, 16 de agosto de 2018

XV Xuntanza de embarcacións tradicionais. "Obal" en concerto.

Vídeo do concerto que Obal nos ofreceu o dia 10-08-18 dentro da semana de actividades da nosa XV Xuntanza de Embarcacións tradicionais.



jueves, 9 de agosto de 2018

XV Xuntanza. Obal.

Como xa dixemos maña as 17:00 e a botadura do Racú, mais tarde as 21:00 e o quenda do trío musical Obal que pecharan nosa semana de actividades antes do prato forte a XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais que celebramos o sábado e o domingo no peirao da Mosqueira. 

Obal é un grupo de tres músicos galegos formados principalmente na música popular do país. Exploran outras tradicións musicais centroeuropeas co baile como nexo. Para iso fan uso de tres instrumentos de son tan particular como o bouzouki, a zanfona e o nyckelharpa, de orixes distantes entre si, e cos que establecen unha conversa entre eles e o baile



XV Xuntanza. O Racú.

Tocou hoxe baixar o racú pola anguía para que flote cando suba o mar, para mañá quedan pendentes os últimos arranxos para que estea todo a punto para súa botadura as 17:00 na rampla de Pereira (Ramona), a cal estades todos convidados.


Baixando cos rolos.


Xa posicionado na anguía.







XV Xuntanza. Faros de Galicia.

Hoxe tocoulle o quenda a dous documentais sobre os Faros de Galicia cedidos polo  Arquivo de Galicia e presentados por Daniel Rodas. Despois de resoltos algúns problemas técnicos, como ven sendo habitual en todos os actos  un éxito de publico co salón de plenos cheo.


Daniel presentando e un momento da proxección.



miércoles, 8 de agosto de 2018

XV Xuntanza. Os barcos

Tamén estamos estes dias cos últimos preparativos nos barcos, o galeón xa ten verga e bauprés novos e hoxe o Racú quedou xa fora do estaleiro para instalarlle o mastro e botalo o mar.

 
Verga e bauprés antes de ser colocados no seu sitio.


Levantando o Racú para poñelo nos rolos.


 Xa fora do estaleiro colocándolle os calzos.


XV Xuntanza. presentación Faros de Galicia

Maña Xoves e a quenda do documental "Faros de Galicia" Do Arquivo de Galicia, será as 21:00 no salón de plenos do concello.


XV Xuntanza. As canteiras do litoral de Moaña

Interesante presentación hoxe do libro "As canteiras do litoral de Moaña" de Tamara Campo a cal falou polo miúdo do patrimonio industrial e do intenso traballo de investigación levado a cabo nos arquivos da Autoridade Portuaria de Vigo así como no do Concello de Moaña e tamén entrevistas a persoas que aínda gardan o recordo de como era o funcionamento daquelas canteiras.

Tamén agardamos con impaciencia as fechas das visitas guiadas despois do bo sabor de boca deixado por Óscar Rodríguez   representante  da asociación "A Illa Dos Ratos".

Non esquezades pedir praza para estas visitas antes de que se esgoten.




As visitas guiadas serán o Domingo 19 de Agosto e os Domingos 2, 16 e 30 de Setembro. Non esquezades de inscribirse.

martes, 7 de agosto de 2018

XV Xuntanza. Presentación Canteiras do litoral de Moaña.

 Recordade que maña Mércores tócalle o quenda a presentación do libro e os roteiros das Canteiras do litoral moañés, será no salón de actos do concello estades todos convidados.





XV Xuntanza. De Baleas.

Presentación do poemario "De Baleas" de Eduardo Estévez.
O autor recitou algúns dos seus poemas acompañado por  Ana Seijas á zanfona o mesmo tempo Alfredo López (tokio) acompañábaos facendo debuxos de temática mariñeira coas baleas como fío condutor. 
O remate do acto o autor firmou libros e sorteáronse entre os asistentes algún do debuxos feitos por Alfredo.


Navegar o carón dunha balea.


Un momento da presentación.


A concellala de Turismo facendo entrega de un agasallo.


Daniel Costas entregando un agasallo en nome da asociación.

lunes, 6 de agosto de 2018

XV Xuntanza. Presentación De Baleas

Recordar que maña Martes ás 21,00 horas no Salón de Plenos do Concello, presentación do libro “De Baleas” de Eduardo Estévez, acompañado de Ana Seijas á zanfona. Presentado  por Daniel Costas.


15 anos de Xuntanzas

Hoxe inaugurouse a exposición fotográfica que recompila os 15 anos de Xuntanzas de embarcacións tradicionais, a exposición fai un recorrido fotográfico das xuntanzas así como de todas as actividades que desenrolamos durante a mesma semana. Pódese ver no paseo de Moaña na contorna da estatua os mariñeiros.

Recordade que tamén estamos coas xornadas de portas abertas no estaleiro de Calragho.


Primeira lamina da exposición.


O noso Presi coa Alcaldesa e algúns concelleiros.





jueves, 2 de agosto de 2018

Moaña o teu mellor verán

Queremos agradecer o Concello de Moaña e especialmente a Concellaría de Turismo que elixisen unha foto das embarcacións que participaron o ano pasado no acto de protesta pola queima dos estaleiros para o cartaz de promoción das actividades de verán. Un verán cargadiño de actividades.



XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña.

Actividades da XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña.
Do 6 ó 12 Agosto 2018

6 de agosto a 8 de agosto.- Portas Abertas no estaleiro de Calragho, de 17,00 a 21,00 horas. Exposición de embarcacións tradicionais e os labores que desenvolve a asociación durante todo o ano.

6 de agosto.- Ás 19,00 horas, apertura da exposición fotográfica “15 anos de xuntanzas de embarcacións”, Paseo de A Seara.

7 de agosto.- Ás 21,00 horas. Presentación do libro “Baleas” de Eduardo Estévez, acompañado de Ana Seijas á zanfona. Presenta Daniel Costas. No Salón de Plenos do Concello.

8 de agosto.- Ás 21,00 horas. Presentación do libro e roteiros “Canteiras no litoral de Moaña” de Tamara Campo Táboas. Salón de Plenos do concello. Organiza concello de Moaña e colabora Editorial Rinoceronte e asociación Illa dos Ratos.

9 de agosto.- Ás 21,00. Proxección do Documental “Faros de Galiza” do arquivo audiovisual de Galiza. Salón de Plenos do concello. Organiza Asociación Sueste e colabora concello de Moaña.

10 de agosto.- Ás 17,00. Botadura dun Racú restaurado pola Asociación Sueste. Rampla da Ramona. Organiza Asociación Sueste e colabora concello de Moaña

10 de agosto.- Ás 21,00. Concerto de OBAL: Música tradicional. Eirado do Ferreiro, A Seara. Organiza Asociación Sueste e colabora concello de Moaña.

11 de agosto.- XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Peirao da Mosqueira. Ás 12,00 horas.

12 de agosto.- XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Peirao da Mosqueira. Ás 12 horas.


Está pendente de entrega da revista Sueste nº 3 para facer a presentación da mesma.

miércoles, 1 de agosto de 2018