Esta pasada fin de semana asistimos o encontro de Bueu, levamos o Eliseo para Bueu o venres, pola tarde asistimos no museo a unha interesante charla sobre o bote polbeiro impartida por Manuel Aldao. Xa o sábado navegación no Eliseo amenizada polo bretón con súa gaita e por Rosco coa guitarra, xuntos pero non revoltos cando acababa un empezaba o outro. O domingo asistimos a botadura dun pequeno bote feito por un par de alumnos da Eixola no estaleiro de Purro, de nome Jordeiro e unha pequena embarcación tipo Tiknot francesa.
martes, 31 de agosto de 2010
martes, 24 de agosto de 2010
XV Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro
Un no mais e van 15 asistimos a concentración de Combarro, aínda que levamos o Eliseo para que estivera alí toda a fin de semana nos, por diversos motivos, so podemos asistir o domingo. Co cal perdemos a maior parte das actividades que se celebran no sábado.
domingo, 15 de agosto de 2010
XXVII Bandeira Concello de Moaña
A petición da Sociedade Deportiva Samertolameu de Meira asistimos a XXVII Bandeira Concello de Moaña para que o Eliseo fixera de barco para as autoridades e mais para entregar os trofeos desde el. E unha regata pertencente a Liga Galega de Traiñeiras e nela foi vencedor a traiñeira de Amegrove do Grove.
Portas Abertas no estaleiro de Carlagho
Os días 10, 11, 12, 13 e 14 celebramos unhas xornadas de portas abertas no estaleiro de Carlagho. A parte dalgún dos nosos barcos tanto no interior coma no mar, tivemos tamén unha exposición de fotos sobre a recuperación do Eliseo e a exposición As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata Ribadeo cedida pola Federación.
sábado, 14 de agosto de 2010
Reparacións no Eliseo
Solo levamos un mes navegando a vela co Eliseo e xa temos que facer os primeiros arranxos, a presión que exercen os obenques altos,o estai e a driza do foque mais a driza do pico sobre o zuncho alto do mastro fixo que este baixara un bo cacho e iso que cando o puxemos criamos que estaban apertado de mais. So houbo que afrouxar e subilo os 30 centímetros que baixara quitándolle algunhas arandelas que puxeramos nos parafusos para que fixeran tope e non apertaran de mais e volvelo a apertar.
Isto tamén nos permitiu ver unha bonita perspectiva do Eliseo dende as alturas.
Isto tamén nos permitiu ver unha bonita perspectiva do Eliseo dende as alturas.
lunes, 9 de agosto de 2010
VII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña
Celebramos este ano nosa VII xuntanza, contou coa participación de 26 embarcacións sendo novidade este ano a Surfeira de Portonovo patroneada por Manolo así como a participación de dous curragh irlandeses que recalan en Moaña despois de un periplo de algo mais de unha semana polas rias de mais o norte. Pertencen a asociación Nomhoga Chorchaí, son naturais da cidade de Cork e aínda van votar uns dias entre nos.
domingo, 8 de agosto de 2010
sábado, 7 de agosto de 2010
viernes, 6 de agosto de 2010
Charla sobre o patrimonio marítimo galego
Hoxe celebrouse no estaleiro a charla sobre o patrimonio marítimo galego. Foi impartida por Víctor Fernández, Presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Este acto o igual ca xuntanza de embarcacións enmárcase dentro da VII Semana do Mar.
domingo, 1 de agosto de 2010
III Encontro en Aldán
Asistimos o III Encontro en Aldán, coincidindo coas Festas de Aldán, e organizado por Mar da Pedra e a Asociación Cultural Nosa Señora do Carme de Aldán.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)