martes, 27 de abril de 2021

Campioas de España e de Galicia

 

Las remeras infantiles del Samertolaméu, con las banderas del Campeonato de España y del Campeonato Gallego.

Foto. Faro de Vigo. 

A tripulación infantil feminina do club Samertolameu conseguiu o pasado domingo 25 de abril o Campionato de España e de Galicia de bateis que se celebrou nas augas moañesas. As nosas felicitacións.

viernes, 16 de abril de 2021

Constituida a comisión de voluntariado do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

 

Constituida onte á tarde, por vía telemática, a Comisión de voluntariado do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Este grupo de traballo estará encargado de reclutar, formar e organizar aos voluntarios que se precisan para un correcto desenvolvento deste importante evento.

Nesta reunión de formalización da comisión estiveron presentes Pablo Martínez e Cristal Cabezas, pola Asociación Sueste; Marcos Buide, por Culturmar e Daniel Costas, polo concello de Moaña, as tres entidades que forman o núcleo do Comité organizador do Encontro. Ademais participaron nesta primeira sesión as Asociacións de Veciños Novameira, Xeremelo e San Martiño; a Asociación de Mulleres de Moaña. Ao mesmo tempo, estase en conversa cos institutos As Barxas e Paralaia de Moaña e o María Soliño de Cangas, así como algún centro privado para que colaboren con esta comisión.