Constituida onte á tarde, por vía telemática, a Comisión de
voluntariado do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Este grupo
de traballo estará encargado de reclutar, formar e organizar aos voluntarios
que se precisan para un correcto desenvolvento deste importante evento.
Nesta reunión de formalización da comisión estiveron
presentes Pablo Martínez e Cristal Cabezas, pola Asociación Sueste; Marcos
Buide, por Culturmar e Daniel Costas, polo concello de Moaña, as tres entidades
que forman o núcleo do Comité organizador do Encontro. Ademais participaron
nesta primeira sesión as Asociacións de Veciños Novameira, Xeremelo e San
Martiño; a Asociación de Mulleres de Moaña. Ao mesmo tempo, estase en conversa
cos institutos As Barxas e Paralaia de Moaña e o María Soliño de Cangas, así
como algún centro privado para que colaboren con esta comisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario