martes, 5 de septiembre de 2023

O "Piueiro" rompe o fondeo e vai ás pedras

 Hoxe, de madrugada, o Piueiro, lancha xeiteira de A Guarda, foi contra as pedras. Este accidente debeuse, pola información que nos deron membros da propia entidade, á rotura do cabo do morto do fondeo.

Os danos, en espera de mellor valoración no estaleiro, non son graves no casco; non é así no motor e toda a instalación eléctrica que terán que ser arranxados. O barco trasládase a un estaleiro en A Pasaxe - A Guarda.

O Piueiro viña de participar tamén na actividade "Que inchadiña vela branca" que se levou a cabo o pasado sábado en Padrón, sendo de grande admiración que unha embarcación de tal porte poida navegar polo río Sar e achegarse ata a rosaliana vila.

A asociación Sueste púxose en contacto con membros da Asociación Piueiro para transmitirlles a nosa solidariedade e ofrecer a nosa colaboración para o que poidan precisar.
















A Meiga, dorna polbeira da asociación Sueste, participa na "Que inchadiña vela branca"

 A Meiga, dorna polbeira pertencente á Asociación Sueste, participou o pasado día 2 de setembro no evento que se celebra todos os anos en Padrón en homenaxe á nosa gran poetisa Rosalía de Castro.Máis dunha vintena de embarcacións, dornas especialmente, déronse cita no espolón de Padrón para realizar este acto tan emotivo. Izáronse as velas das embarcacións ao son do "Himno do Antigo reino de Galicia" e portáronse os remos en sinal de reverencia. Todo o acto foi presenciado por unha enorm multitude de persoas que ateigaban o paseo e o espolón de Padrón.



















viernes, 18 de agosto de 2023

Intervención poética ao mar

 Nos xardíns do concello de Moaña, onte a tarde - noite, organizado pola Asociación Sueste coa colaboración da Concellaría Económica e Turismo do concello de Moaña, levouse a cabo un marabilloso certame poético coas intervencións de varios e varias poetas e músicos. Prestaron a súa voz e música: Luis Chapela, Anna Figueiredo, Lucía Durán,. Pedrdo Pablo Riobó, Miriam Ferradáns, Daniel Costas e acompañados pola guitarra de Santiago Ferragut e a arpa de Paulino de A Seara.






 

Carpintarías de ribeira, lembranzas de vida



 Na mesa redonda que se realizou no Salón de Plenos do concello de Moaña, dentro dos actos de XVIII Xuntanza de Embaracións Tradicionais de Moaña, nas actividades de Días de Mar, interviron Lolo de Romarías,Rafael, Miguel Cidrás e Estebán Riobó. Foron presentados por Asunción Sóñora, quen tivo o papel de moderadora


De esquerda a dereita: Asún Sóñora, Estebán, Rafael, Lolo e Miguel





miércoles, 16 de agosto de 2023

MESA REDONDA: CARPINTARÍAS DE RIBEIRA, LEMBRANZAS DE VIDA

 Hoxe, as 20,00 horas, no Salón de Plenos do concello de Moaña e dentro das actividades da XVIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña, en Días de Mar organizados polo concello de Moaña, con moitas outras asociacións e entidades, teremos unha mesa redonda que leva por título "Carpintarías de ribeira, lembranzas de vida".


lunes, 14 de agosto de 2023

NAVEGACIÓN NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

 

O día grande do XVIII Xuntanza de E,barcación Tradicionais de Moaña - agosto 23, é loxicamente o día propio da xuntanza e das navegacións. Este foi a sábado, 12 de agosto. Os participantes saíron do Porto Deportivo de Moaña - Moañamar, quen colabora esplendidamente coa Asociación Sueste. Foron, finalemente 12 embarcacións que participaron. Debemos ter en conta que moitas destas estiveron a semana pasada no Encontro de Embarcacións de Galicia en Sada. Participar nest edición en Moaña supúñalles un trastrono bastante importante. A navegación a Sada e volta aos portos de orixe foi moi intensa.

Os tripulantes puideron degustar un xantar na carpa da Festa do marisco de Moaña.












PRESENTACIÓN DO Nº 5 DA REVISTA SUESTE

Dentro das actividades  da XVIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña - agosto 23, a á súa vez nos actos programados de Días de Mar que promove o concello de Moaña, o venres, 11 e como pistoletazo de saída da Xuntanza deste ano, presentouse no Salón de Plenos do concello de Moaña o nº 5 da revista Sueste que edita a nosa asociación.

A revista foi presentada pola Concelleira de Turismo e Promoción Económica de Moaña, Coral Ríos, o Presidente de Sueste, Pablo Martínez e a Vicepresidenta, Asunción Sóñora. 




viernes, 11 de agosto de 2023

XVI ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

 Entre os días 3 e 6 de agosto, tivo lugar en Sada o XVI Encontro de Embarcacións de Galicia. Evento que reúne a máis dun centenar de embarcacións tradicionais de todo tipo, galegas e foráneas. Non debemos esquecer que Galicia posé a maior diversidade de embarcacións de toda Europa: botes de ría, de Ribadeo, racús, galeóns, traiñeiras, dornas de tope, polbeiras, nai, bucetas, lanchas e un longo etcétera.

Destacar a traballo da comisión organizadora desta edición: Culturmar, Patexeiros e concello de Sada. Deron todo o posíbel e máis por que todo resultase do mellor. Os nosos parabens á comisión organizadora.

A Asociación Sueste participou co seu barco insignia "Eliseo", galeón das rías, con máis de cen anos ás súas costas.

Rumbo Sada III

 Imos a Sada

3ª xeira. Previsión saír de Corme ás seis da mañá para chegarmos a Sada sobre as catro da tarde do domingo, unhas coarenta millas náuticas para lograrmos o obxectivo.




Saímos de Corme, segundo o previsto. Sobre as 6,15 estabamos concentrándonos fóra do porto. Era a etapa máis curta e supostamente máis levadeira.


Pasamos O Roncudo, Punta Nariga, as illas Sisargas por fóra, Malpica, o porto exterior de A Coruña, a icónica Torre de Hércules e entramos na ría de Betanzos - Ares pare enfilar a Sada.



Torre de Hércules


As illas Sisargas