Ábrese o prazo de inscrición para a actividade "Novos usos para os nosos vellos barcos" que se levará a cabo os sábados 25 de setembro e 2 de outubro.
Adxúntase máis abaixo ficha de inscrición.
Ábrese o prazo de inscrición para a actividade "Novos usos para os nosos vellos barcos" que se levará a cabo os sábados 25 de setembro e 2 de outubro.
Adxúntase máis abaixo ficha de inscrición.
O Eliseo acompañou ao Sea Cloud Spirit na súa despedida da ría de Vigo. Este gran veleiro comezouse a construír no ano 2008, primeiramente en marín e posteriormente en Metalships en Vigo. Esta embarcación ten capacidade para 138 pasaxeiros mais 90 tripulantes.
Dentro das actividades de Campamentos de Verán auspiciados polo concello de Moaña, esta a semana de navegación en embarcacións tradicionais, onde un grupo de mozos e mozas coñecen de primeira man como é navegar neste tipo de embarcacións.
O progama lévase a cabo entre os días 23 e 27 de agosto en horario de mañán. os participantes reciben nocións de navegación, tipoloxiía de barcos tradicionais, descobren en moitos casos o cultivo do mexillón ou as canteiras de O Cocho.
O 10 de agosto, no DOG nº 152, A Dirección Xeral de Xuventude resolveu conceder á Asociación RC Sueste unha axuda para desenvolver o proxecto "Novos usos para os nosos vellos barcos", dentro do programa Iniciativa Xove.
A asociación Sueste pretende que os mozos e mozas de 15 a 35 anos de idade descubran, coñezan, poñan en valor e cheguen a aprezar o novo uso que se lle pode dar aos "vellos barcos" dos nosos avós. En resumo, quere dar a coñecer este rico patrimonio marítimo galego, poñendoo en valor e dándolle un novo uso, evitando que sexan meros obxectos museísticos.
O progrma levarase a cabo en dous días completos: o sábado 25 de setembro e o 2 de outubro..
Son varias as actividades propostas para este fín:
- Construción de maquetas (medios cascos)
- Formación teórica de navegación en embarcacións tradicionais.
- Navegación nas embarcacións.
Comunicado: suspensión do XV
Encontro de Embarcacións Tradicionais
O cambio de situación epidemiolóxico do Concello de Moaña,
de nivel medio de restricións a nivel alto anunciado hoxe pola Xunta de
Galicia, vendo a tendencia á alza dos datos de casos activos en Moaña e na área
sanitaria de Vigo, ante unha posible entrada no nivel extremo na vindeira
semana, desde o comité organizador avaliamos que non se dan as circuntancias
favorables para desenvolver con plenas garantías o XV Encontro de Embarcacións
Tradicionais de Galicia.
Desde a organización levamos máis dun ano traballando no
evento, intentando por todos os medios e ata o último momento celebrar o
Encontro, que contribuiría a dinamizar a economía local, a que Moaña desfrutase
da cultura e do patrimonio marítimo pesqueiro galego, a mostrar a quen nos
visitase a nosa esencia de vila mariñeira; mais a situación sanitaria na que
está inmersa Galicia fainos tomar unha decisión difícil e complexa.
Somos conscientes de que hai tripulacións e delegacións que
xa están en camiño, persoas voluntarias comprometidas coa celebración,
colectivos e entidades colaboradoras, por iso lamentamos moito as molestias que
lles poida ocasionar esta suspensión e pedimos desculpas polas mesmas.
Por último, queremos agradecer e recoñecer a todas persoas,
entidades e patrocinadoras desta edición o seu compromiso e a súa colaboración.
O Comité Organizador do
XV Encontro de Embarcacións Tradicionais.