Desta volta tocoulle o Folkboat Lilleø, un clásico xa con moitos anos nas cadernas. Estivo varado todo o inverno para renovar os vernices do casco e mais do mastro.
viernes, 11 de julio de 2014
XI xornada do curso de carpintería.
Xa coas vacacións do verán a volta da esquina continúan os traballos no bote, desta volta tocoulle os banzos do codillo que devido a gran curvatura que collían tivemos que facelo en dúas pezas na parte centran embonando un banzo no outro.
Preparando o banzo para cravalo.
jueves, 10 de julio de 2014
Traballos varios
Andamos estes dias coa nova tempada xa comezada a facer os últimos traballos nos barcos da asociación.
Co pau do Eliseo a espera dunha boa marea para podelo montar, tocoulle quenda o pau da bote Sueste que partiu cun refacho de norte hai unha semana cando uns socios andaban a dar unha volta así como a vela do mesmo que sufriu algún dano durante a rotura do pau.
Tamén pouco a pouco continuas os traballos na dorna Dúas Lúas desta volta foi primeiro unha limpeza a fondo no interior e despois acabar de masillar as zoas que aínda estaban pendentes.

O pau rompeu a ras da cuberta polo que agora queda 60 centímetros mais curto.
martes, 1 de julio de 2014
X xornada do curso de carpintería.
Seguimos co curso de carpintería e xa van dez xornadas, cada vez aí mais independencia por parte dos alumnos e xa non lles asusta practicamente ningunha tarefa aínda que sempre pedindo a supervisión do mestre. Este sábado estiveron traballando en dous grupos uns cun banzo de estribor e os outros cun de babor para que así cada un poida mirar mellor o resultado do seu esforzo.
Facendo un banzo paso a paso. Fasquiando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)