Fotos do Eliseo navegando a vela na Iª Concentración de Galeóns. Con rizos tomados na maior o non estar aínda prácticos no manexo das velas. So por esta navegación xa valeu a pena os anos de traballo.
martes, 27 de julio de 2010
Iª Concentración de Galeóns ‘A Rabandeira’ en Vilanova de Arousa. Travesía Xacobea polo Ulla.
O pasado fin de semana tivo lugar a Iª Concentración de Galeóns ‘A Rabandeira’ en Vilanova de Arousa, e a Travesía Xacobea polo Ulla, ata Catoira.
Cara alí partiu o Eliseo coas velas recen estreadas, aínda que toda a travesía de Moaña a Vilanova foi a motor pola falta de vento nun principio e polo exceso xa mais tarde. Facía moitos anos que nas rias non vían tanto galeón xunto.
Despois unha homenaxe a José Paz Brión (o señor José)socio fundador de Rabandeira partimos cara a Catoira onde se ía a celebra a comida.
Cara alí partiu o Eliseo coas velas recen estreadas, aínda que toda a travesía de Moaña a Vilanova foi a motor pola falta de vento nun principio e polo exceso xa mais tarde. Facía moitos anos que nas rias non vían tanto galeón xunto.
Despois unha homenaxe a José Paz Brión (o señor José)socio fundador de Rabandeira partimos cara a Catoira onde se ía a celebra a comida.
miércoles, 21 de julio de 2010
As velas do Eliseo
Despois de cinco anos de traballo da nosa parte o Eliseo estreou velas , xa podemos dicir que o traballo esta case rematado. Xusto a tempo para participar na I Concentración de Galeóns para a cal partiremos maña primeira hora sen tempo para probar nada.
viernes, 16 de julio de 2010
Procesión marítima do Carmen
A petición dun grupo de socios asistimos a procesión marítima celebrado polas festas en Moaña. O percorrido foi o de sempre hasta Cangas para un encontro no mar con súa procesión despois cruzase hasta a E.T.E.A., onde antigamente se celebraba unha misa de campaña. Despois Domaio, o Latón, Meira e volta o punto de partida.
martes, 13 de julio de 2010
Postais e fotografías antigas de Vigo
A Asociación Veciñal de Teis ven de crear fai uns meses un blog onde recollen unha gran numero de fotos antigas de Teis e de todo Vigo en xeral, moitas destas fotos aparecen recollidas en varios libros publicados pola asociación veciñal. Moitas destas fotos pertencen a beiramar da ria onde s poden ver os barcos que por e la navegaban.
O Berbes o redor do 1886.
Muros mira ao Mar
Un ano despois do IX encontro voltamos a Muros invitados as XI Xornadas de cultura Mariñeira Muros mira ao mar. Foi una fin de semana cun amplo programa, variado e moi interesante. Navegación, exposicións, debates, artesanía, obradoiros, concursos, gastronomía, teatro, música, etc. cobren os días do evento.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)