Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 17 de novembre de 2012, a Xunta Directiva da asociación propuxo nomear socios de honra a todos os socios fundadores de Sueste, definindo a estes como os que subscribiron a acta fundacional e os que posteriormente se sumaron ao proxecto Eliseo ata a data de 1 de decembro de 2005. Esta proposta foi aceptada polos asistentes en base ao grande interese e esforzo que estes membros da asociación realizaron para poder pór en marcha o Proxecto Eliseo.
sábado, 29 de diciembre de 2012
jueves, 27 de diciembre de 2012
10 Anos de actividades 2003-2012
ACTIVIDADES REALIZADAS NOS ÚLTIMOS ANOS (2003-2012)
- Colaboración co Concello de Moaña, Asociación de Naseiros, Asociación de Mexilloeiros,
Federación de Comerciantes de Moaña, Asociación de Mulleres, etc… na organización e posta en
marcha das Semana do Mar de Moaña dos anos 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010.
- Colaboración co Concello de Moaña e outras asociacións e colectivos na posta en marcha da I e II
Edición de Sabores da Ría, realizado en agosto de 2011 e 2012.
- Organización da I, II, III, IV, V, VI, VII, VIII e IX Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de
Moaña, realizadas nos meses de agosto de 2004, 2005, 2006, 2007, no peirao de Meira- Moaña,
e 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012 no peirao da Mosqueira en Tirán - Moaña. Encontros cunhas
altas participacións de embarcacións e tripulantes.
sábado, 1 de diciembre de 2012
O Eliseo en San Adrián
Despois de un mes de moita chuvia o carpinteiro puido rematar os traballos no Eliseo, nun principio so era para reparar a regala na zona de popa pero despois dunha inspección decidimos cambiar dous banzos. E aproveitando o bo tempo hoxe fomos pintar a patente e darlle un lasur a cuberta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)