ACTIVIDADES REALIZADAS NOS ÚLTIMOS ANOS (2003-2012)
- Colaboración co Concello de Moaña, Asociación de Naseiros, Asociación de Mexilloeiros,
Federación de Comerciantes de Moaña, Asociación de Mulleres, etc… na organización e posta en
marcha das Semana do Mar de Moaña dos anos 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010.
- Colaboración co Concello de Moaña e outras asociacións e colectivos na posta en marcha da I e II
Edición de Sabores da Ría, realizado en agosto de 2011 e 2012.
- Organización da I, II, III, IV, V, VI, VII, VIII e IX Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de
Moaña, realizadas nos meses de agosto de 2004, 2005, 2006, 2007, no peirao de Meira- Moaña,
e 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012 no peirao da Mosqueira en Tirán - Moaña. Encontros cunhas
altas participacións de embarcacións e tripulantes.
- Organización das exposicións:
- A Cultura Mariñeira de Galicia (2004),
- Dez Anos da Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial (2004);
- Os Oficios do Mar (2005, 2009),
- Exposicións de Maquetas de Embarcacións (2005, 2006),
- O Proxecto ELISEO (2007, 2008, 2010),
- O Patrimonio Marítimo de Galicia (2008),
- As Embarcacións tradicionais de Galicia (2009),
- As Embarcacións Tradicionais do Mar Ártabro de Galicia (2010), etc…
- Presentación de Libros e revistas:
- Revista Ardentía. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (2005).
- Presentación da Revista Sueste da Asociación Sueste (2008, 2009)
- Libro “O Bote polbeiro” de Fidel Simes Martínez (2006).
- Libro “As embarcacións da pasaxe” de Bernardo Máiz (2007)
- Libro “Guía das embarcacións tradicionais de Galicia” de Jesús Blanco (2008).
- Libro “Barcos que dejan huella. Apuntes para una memoria marítima” de Lino Pazos (2011).
- Charlas e conferencias. O Patrimonio Marítimo de Galicia, desenvolvida polo Presidente da
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Víctor Fernández. (2009).
- Participación nas Xuntanzas de Embarcacións Tradicionais de
- Bueu (2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011,2012),
- Poio (2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012),
- Bouzas (2004, 2006, 2008),
- Aldán (2009, 2010),
- Vilanova de Arousa (2010).
- Participación nos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia:
- VI Encontro A Illa de Arousa. (2003).
- VII Encontro Cambados. (2005).
- VIII Encontro O Ferrol. (2007).
- IX Encontro. Muros. (2009).
- X Encontro. Carril – Vilagarcía. (2011).
- Organización xunto coas asociacións Os Galos de Bueu, Mar de Pedra de Cangas da
SINGRADURA POLAS RÍAS, realizadas no mes de xullo de 2006 durante dez días, e
patrocinada pola Secretaría Xeral da Xuventude.
- Organización e desenvolvemento dos Campos de Traballo etnográfico e recuperación de
embarcacións MOAÑA I, MOAÑA II, MOAÑA III, xunto coas asociacións Mar de Pedra de
Cangas, Os Galos de Bueu. Verán de 2006. Patrocinadas pola Secretaría de Xuventude.
- Organización e desenvolvemento dos Campos de Traballo etnográficos e recuperación de
embarcacións Moaña I e Moaña II, realizados no mes de agosto dos anos 2007, 2008 e 2009.
- Recuperación, rehabilitación e Posta en valor do Galeón Eliseo, barco de máis de cen anos de
historia. É probablemente o barco en activo máis antigo de Galicia. ( 2005, 2006, 2007, 2008,
2009 e 2010).
- Participación en regatas de dornas
- Regata do Carme. Trofeo dorna de prata. Ribeira,
- Trofeo Fasquía da Illa,
- Trofeo Volta á Illa,
- Trofeo de Cangas,
- Regata dos Faros no Grove.
- Trofeo Memorial Javier Cortizo – Concello de Moaña.
- Regata de dornas do albariño. Cambados
- Colaboración co concello de Moaña na posta en valor do Estaleiro de Ribeira de Vitorio en Meira-
Moaña.
- Organización do Trofeo CONCELLO DE MOAÑA – MEMORIAL JAVIER CORTIZO de
dornas á vela.
- Presentación á prensa de
o O racú “A OLEIRA”.
o O bote “Cherne”.
o O galeón das rías “Eliseo”.
- Botaduras de varias embarcacións.
- Visitas de alumnos de varios colexios ao estaleiro que a Asociación usufrutúa.
- Charla “As embarcacións Tradicionais Galegas” dada por membros da Asociación a escolares de
distintos colexios.
- Navegacións para alumnos de distintos cursos e colexios.
- Organización e desenvolvemento do Programa “Eliseando pola ría – Navegando no Eliseo”. Anos
2010 e 2011.
- Xornadas de Portas Abertas no estaleiro da Asociación. Anos 2010 e 2011.
- Colaboración coa Sociedade Deportiva Tirán de Moaña e a Sociedade Samertolameu de Meira –
Moaña nas organizacións das súas competicións de remo na Liga Nacional (ACT) (2010, 2011), no
caso do primeiro, e na Liga Autonómica (2010, 2011) no caso do segundo club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario