viernes, 13 de enero de 2017

Unha boa nova.



Un gran paso a diante na conservación dos estaleiros da Seara, no dia de hoxe saíu publicado no DOG o inicio do procedemento para incluír no Catalogo do patrimonio cultural de Galicia como bens inmobles coa categoría de lugar de valor etnolóxico, o conxunto dos estaleiros de Casqueiro e Calragho.
Unha moi boa nova para todos os que levamos anos loitando pola conservación dos estaleiros de ribeira.

"RESOLUCIÓN de 23 de diciembre de 2016, de la Dirección General de Patrimonio Cultural, por la que se propone la incoación del procedimiento de inclusión en el Catálogo del patrimonio cultural de Galicia, del conjunto de los astilleros de Casqueiro-Calragho, sitos en la parroquia de San Martiño de Moaña, en el término municipal de Moaña."

DOG - Nº 9 Viernes, 13 de enero de 2017


Contorno de protección proposto por Patrimonio.



viernes, 23 de septiembre de 2016

Novos usos para os nosos vellos barcos



Novos usos para os nosos vellos barcos organizados pola Asociación Sueste, co patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, levaranse a cabo uns talleres dirixidos a moz@s de entre 16 e 35 anos os próximos días 1 e 8 de outubro, nos estaleiros de Casqueiro e de Carlagho da Asociación Sueste, rúa Concepción Arenal, Moaña , as actividades serán: 

  • Recoñecer as embarcacións tradicionais galegas.
  • Coñecer una carpintaría de ribeira, por dentro.
  • Aprender os nós máis necesarios nas embarcacións.
  • Nocións teóricas de navegación.
  • Obradoiro de maquetas (medios cascos).

O horario será o seguinte:
Mañás:
10,00 – 13,30 horas
Tardes:
16,00 – 20,00 horas

A participación no mesmo e de balde.

Anotaranse por orde de inscrición. Poderase facer en asociacionsueste@gmail.com ou os sábados pola tarde, no estaleiro de Carlagho. Indícanos os teus datos: nome, idade, dirección, teléfono de contacto.

martes, 16 de agosto de 2016

XIII Xuntanza de embarcacións tradicionais. Moaña 2016.

Para dar remate a nosa semana de actividades nada mellor que a nosa XIII Xuntanza de embarcacións tradicionais,este ano contou nomo novidade que foi a dous dias. O longo da semana tivemos xornadas de portas abertas nos estaleiros presentacións de libros, recitais poéticos e musica, as embarcacións son sempre o remate a esta semana chea de actividades. Embarcacións chegadas dende todos os puntos da ria.


Algúns dos barcos participantes.


domingo, 7 de agosto de 2016

Botadura do bote Domaio

Onte a tarde comezamos nosa semana de actividades coa botadura do bote Domaio. Este bote fora rescatado do fondo do mar en Xaneiro do 2008 despois de estar varios anos afundido, comezárase súa restauración nos campos de traballo dos anos 2008 e mais no 2009 continuándose despois de un parón nos cursos de carpintería. Exerceu de madriña a viúva do antigo propietario que foi quen no lo doou.

Oito anos e oito meses separan estas dúas imaxes.