jueves, 27 de septiembre de 2018

Arquitecturas de ribeira

Na Voz de Galicia do pasado martes aparecía este reportaxe fotográfico co tema da carpintería de ribeira con fotos sacadas no noso estaleiro. 

 Un traballo similar sa aparecera no ano 2013 baixo o titulo de "Carpinteiros do mar"  daquela compartindo protagonismo co xa falecido Señor Laxes de Domaio que continuaba a construír un bote a pesares dos seus 86 anos.

La Voz de Galicia-Arquitecturas de ribeira.


Foto.-Xoan Carlos Gil

miércoles, 26 de septiembre de 2018

martes, 25 de septiembre de 2018

Novos usos para os nosos vellos barcos


A asociación Sueste vai realizar a 3ª edición da acción “Novos usos para os nosos vellos barcos” patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Este programa levarase a cabo os sábados día 29 de setembro e 6 de outubro, en sesión de mañá e tarde. 

Sueste pretende con este proxecto que os mozos e mozas, entre os 15 e 35 anos de idade, a quen se dirixe o programa, durante dous sábados de setembro e outubro, descubran, coñezan, poñan en valor e cheguen a aprezar o novo uso que se lles pode dar aos “vellos barcos” dos nosos avós reutilizándoos para novas actividades de lecer, ou que os descubran como posible foco de actividades turísticas fóra dos circuítos habituais de sol e praia e polo tanto como posible nicho de negocio. En resumo, queremos dar a coñecer este rico patrimonio marítimo galego, poñéndoo en valor e dándolle un novo uso, evitando que sexan meros obxectos museísticos.

Para acadar esta finalidade, proposta por Sueste, é preciso a realización de varias actividades, todas elas relacionadas co contorno dos barcos. Propoñemos varias: visita a un estaleiro de Ribeira e estudo das embarcacións tradicionais que alí se construían, obradoiro de nós, construción de maqueta ou medio casco, formación teórica de navegación, colaboración na recuperación dunha embarcación e, por suposto, navegacións en barcos tradicionais.

As actividades propostas no marco do proxecto que a Asociación Sueste presenta “Novos usos para os nosos vellos barcos” atende a varias das áreas de atención prioritaria xa que o programa proposto é globalizador e as súas actividades permiten cubrir varias áreas de atención prioritaria:

  • Iniciativa Xove Emprendedora. 
  • Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas.
  • Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor. Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
Podemos resumir en dous os obxectivos xerais propostos para o proxecto “Novos usos para os nosos vellos barcos”. Estes obxectivos xerais podemos desglosalos noutros máis específicos:

  1. -   Dar a coñecer aos mozos e mozas as embarcacións tradicionais, as técnicas de navegación a vela tradicional, a súa construción e mantemento, a contorna que rodea os barcos.
  2. -   Darlle un novo uso ás embarcacións tradicionais.          
   
A acción é gratuíta para os participantes pois está subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude. Os interesados en inscribirse poderán facelo a través do correo da asociación Sueste. Inscribiranse por orde de chegada da solicitude. Os menores de 18 anos deberán estar autorizados polos seus pais ou titores. O número de prazas ao dispor dos interesados é de 18. Na edición do pasado ano participaron 20 mozos e mozas.

jueves, 16 de agosto de 2018

XV Xuntanza de embarcacións tradicionais. "Obal" en concerto.

Vídeo do concerto que Obal nos ofreceu o dia 10-08-18 dentro da semana de actividades da nosa XV Xuntanza de Embarcacións tradicionais.



jueves, 9 de agosto de 2018

XV Xuntanza. Obal.

Como xa dixemos maña as 17:00 e a botadura do Racú, mais tarde as 21:00 e o quenda do trío musical Obal que pecharan nosa semana de actividades antes do prato forte a XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais que celebramos o sábado e o domingo no peirao da Mosqueira. 

Obal é un grupo de tres músicos galegos formados principalmente na música popular do país. Exploran outras tradicións musicais centroeuropeas co baile como nexo. Para iso fan uso de tres instrumentos de son tan particular como o bouzouki, a zanfona e o nyckelharpa, de orixes distantes entre si, e cos que establecen unha conversa entre eles e o baile



XV Xuntanza. O Racú.

Tocou hoxe baixar o racú pola anguía para que flote cando suba o mar, para mañá quedan pendentes os últimos arranxos para que estea todo a punto para súa botadura as 17:00 na rampla de Pereira (Ramona), a cal estades todos convidados.


Baixando cos rolos.


Xa posicionado na anguía.







XV Xuntanza. Faros de Galicia.

Hoxe tocoulle o quenda a dous documentais sobre os Faros de Galicia cedidos polo  Arquivo de Galicia e presentados por Daniel Rodas. Despois de resoltos algúns problemas técnicos, como ven sendo habitual en todos os actos  un éxito de publico co salón de plenos cheo.


Daniel presentando e un momento da proxección.



miércoles, 8 de agosto de 2018

XV Xuntanza. Os barcos

Tamén estamos estes dias cos últimos preparativos nos barcos, o galeón xa ten verga e bauprés novos e hoxe o Racú quedou xa fora do estaleiro para instalarlle o mastro e botalo o mar.

 
Verga e bauprés antes de ser colocados no seu sitio.


Levantando o Racú para poñelo nos rolos.


 Xa fora do estaleiro colocándolle os calzos.


XV Xuntanza. presentación Faros de Galicia

Maña Xoves e a quenda do documental "Faros de Galicia" Do Arquivo de Galicia, será as 21:00 no salón de plenos do concello.


XV Xuntanza. As canteiras do litoral de Moaña

Interesante presentación hoxe do libro "As canteiras do litoral de Moaña" de Tamara Campo a cal falou polo miúdo do patrimonio industrial e do intenso traballo de investigación levado a cabo nos arquivos da Autoridade Portuaria de Vigo así como no do Concello de Moaña e tamén entrevistas a persoas que aínda gardan o recordo de como era o funcionamento daquelas canteiras.

Tamén agardamos con impaciencia as fechas das visitas guiadas despois do bo sabor de boca deixado por Óscar Rodríguez   representante  da asociación "A Illa Dos Ratos".

Non esquezades pedir praza para estas visitas antes de que se esgoten.




As visitas guiadas serán o Domingo 19 de Agosto e os Domingos 2, 16 e 30 de Setembro. Non esquezades de inscribirse.

martes, 7 de agosto de 2018

XV Xuntanza. Presentación Canteiras do litoral de Moaña.

 Recordade que maña Mércores tócalle o quenda a presentación do libro e os roteiros das Canteiras do litoral moañés, será no salón de actos do concello estades todos convidados.





XV Xuntanza. De Baleas.

Presentación do poemario "De Baleas" de Eduardo Estévez.
O autor recitou algúns dos seus poemas acompañado por  Ana Seijas á zanfona o mesmo tempo Alfredo López (tokio) acompañábaos facendo debuxos de temática mariñeira coas baleas como fío condutor. 
O remate do acto o autor firmou libros e sorteáronse entre os asistentes algún do debuxos feitos por Alfredo.


Navegar o carón dunha balea.


Un momento da presentación.


A concellala de Turismo facendo entrega de un agasallo.


Daniel Costas entregando un agasallo en nome da asociación.

lunes, 6 de agosto de 2018

XV Xuntanza. Presentación De Baleas

Recordar que maña Martes ás 21,00 horas no Salón de Plenos do Concello, presentación do libro “De Baleas” de Eduardo Estévez, acompañado de Ana Seijas á zanfona. Presentado  por Daniel Costas.


15 anos de Xuntanzas

Hoxe inaugurouse a exposición fotográfica que recompila os 15 anos de Xuntanzas de embarcacións tradicionais, a exposición fai un recorrido fotográfico das xuntanzas así como de todas as actividades que desenrolamos durante a mesma semana. Pódese ver no paseo de Moaña na contorna da estatua os mariñeiros.

Recordade que tamén estamos coas xornadas de portas abertas no estaleiro de Calragho.


Primeira lamina da exposición.


O noso Presi coa Alcaldesa e algúns concelleiros.





jueves, 2 de agosto de 2018

Moaña o teu mellor verán

Queremos agradecer o Concello de Moaña e especialmente a Concellaría de Turismo que elixisen unha foto das embarcacións que participaron o ano pasado no acto de protesta pola queima dos estaleiros para o cartaz de promoción das actividades de verán. Un verán cargadiño de actividades.



XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña.

Actividades da XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña.
Do 6 ó 12 Agosto 2018

6 de agosto a 8 de agosto.- Portas Abertas no estaleiro de Calragho, de 17,00 a 21,00 horas. Exposición de embarcacións tradicionais e os labores que desenvolve a asociación durante todo o ano.

6 de agosto.- Ás 19,00 horas, apertura da exposición fotográfica “15 anos de xuntanzas de embarcacións”, Paseo de A Seara.

7 de agosto.- Ás 21,00 horas. Presentación do libro “Baleas” de Eduardo Estévez, acompañado de Ana Seijas á zanfona. Presenta Daniel Costas. No Salón de Plenos do Concello.

8 de agosto.- Ás 21,00 horas. Presentación do libro e roteiros “Canteiras no litoral de Moaña” de Tamara Campo Táboas. Salón de Plenos do concello. Organiza concello de Moaña e colabora Editorial Rinoceronte e asociación Illa dos Ratos.

9 de agosto.- Ás 21,00. Proxección do Documental “Faros de Galiza” do arquivo audiovisual de Galiza. Salón de Plenos do concello. Organiza Asociación Sueste e colabora concello de Moaña.

10 de agosto.- Ás 17,00. Botadura dun Racú restaurado pola Asociación Sueste. Rampla da Ramona. Organiza Asociación Sueste e colabora concello de Moaña

10 de agosto.- Ás 21,00. Concerto de OBAL: Música tradicional. Eirado do Ferreiro, A Seara. Organiza Asociación Sueste e colabora concello de Moaña.

11 de agosto.- XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Peirao da Mosqueira. Ás 12,00 horas.

12 de agosto.- XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Peirao da Mosqueira. Ás 12 horas.


Está pendente de entrega da revista Sueste nº 3 para facer a presentación da mesma.

miércoles, 1 de agosto de 2018

martes, 31 de julio de 2018

Óscar Fuertes premio da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.

O importante valor das carpintarías de ribeira de Galicia traspasa as nosas fronteiras. O pasado xoves, 19 de xullo, o Arquitecto e autor do libro “La arquitectura de las carpinterías de ribera de Galicia” (Editado pola Xunta de Galicia) d. Óscar Fuertes Dopico, recolleu en Santander un dos premios da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.

O arquitecto Óscar Fuertes estudou e investigou durante varios anos, para a súa tese doutoral, a arquitectura das carpintarías de ribeira de Galicia, dándolle a importancia arquitectónica e etnográfica que se merecían. Óscar Fuertes participou na edición pasada da Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña cunha interesantísima conferencia, moi concorrida, sobre as Carpintarías de ribeira O seu traballo foi editado pola Xunta de Galicia o que nos vén amosar que tamén, no goberno galego do PP, hai variadas sensibilidades en contraposición á monolítica postura dos concelleiros do PP de Moaña, que apostaron sempre polo derrubo dos nosos estaleiros. Grazas que na consellería de Cultura e Educación atenderon a nosa petición de respectar e protexer estas instalacións senlleiras do noso patrimonio.

Os nosos parabéns a Óscar Fuertes por este novo premio, tan merecido polo seu traballo, que vén confirmar a nosa liña de traballo dende hai tempo.

Enhoraboa!!!



Vídeo da conferencia que  Óscar Fuertes nos ofreceu na Xuntanza do ano pasado.


miércoles, 4 de julio de 2018

Paseo da Seara

Punto 8 do pleno do dia 28/06/2018, moción presentada polo Partido Popular instando o Concello a por a disposición da Xunta de Galicia os terreos para continuar o paseo da Seara.


lunes, 2 de julio de 2018

Sueste na prensa

Faro de Vigo-Sueste confía en que la mesa sobre el futuro de los astilleros y el paseo devuelva la paz social.

El órgano de diálogo se reúne esta tarde -El colectivo se felicita por la protección de Patrimonio y rechaza las acusaciones del PP local

Fran G. Sas Moaña 02.07.2018 | 02:07

La Asociación Sueste, que inició el procedimiento que acabó con la Dirección Xeral de Patrimonio catalogando y protegiendo ambientalmente los dos astilleros tradicionales del centro de Moaña -Casqueiro y Calragho- se pronunció este fin de semana ante la resolución del órgano dependiente de la Consellería de Cultura y después de que el asunto fuese llevado a Pleno de nuevo por el PP. Sueste, que utiliza estas carpinterías para restaurar embarcaciones tradicionales, considera que ya es hora de "consensuar unha solución técnica que conxugue os dereitos de saída ao mar dos estaleiros cos partidarios de que o paseo de A Seara transite pola beira do mar". Apuntan a que una solución podría ser una pasarela pilotada. En este sentido defienden la creación de una mesa de trabajo para consensuar un proyecto entre todos los implicados.

La mesa, cuya creación había sido aprobada por toda la corporación, se constituirá hoy mismo, con su primera reunión en el Concello a las 20.00 horas. A partir de esta negociación, Sueste espera que "a veciñanza volva a ter unha relación social acorde cos tempos e se renuncie aos enfrentamentos que tantos problemas e enimizades creou".

Sueste explica que su primera valoración de la protección de Patrimonio fue positiva "pois era o que a asociación estaba esperando dende que fixera a solicitude en maio de 2016". Recuerda que su petición se basó en las dos leyes de Protección do Patrimonio de Galicia aprobadas en el Parlamento gallego con mayoría absoluta del PP. "Non entendemos, pois, que o PP a nivel local se opuxera á catalogación e conservación dos estaleiros".

Estudiada con más detalle la resolución, desde Sueste entienden que la protección conseguida pretende, en resumen, la musealización de las dos carpinterías de ribeira, lo que era su objetivo en todo momento. "Sueste, cuns obxectivos de defensa do patrimonio marítimo galego, non podía permitir o derrubo destas instalacións que reflicten o noso recente pasado mariñeiro".

En lo que respecta al apartado en el que Patrimonio señala que se debe garantizar la compatibilidad entre la zona de servidumbre y el uso de las edificaciones y su contacto funcional con el mar, para Sueste esto "vén ratificar a nosa postura ao longo de todo este tempo: Mantemento das instalacións e coa saída necesaria e imprescindible ao mar das embarcacións dende os estaleiros". Defienden que hay soluciones técnicas suficientes, "só é necesario boa vontade por parte de todos os implicados".

Ante las declaraciones del delegado de la Xunta, Ignacio López-Chaves y del portavoz del PP local, José Fervenza, señalando que no hay excusa para no seguir con el paseo, Sueste recuerda que la paralización de las obras partió de la propia Xunta al no disponer de los terrenos "que xa debera ter conseguido Fervenza como alcalde", además de que Costas no había dado su autorización.


Rechazan que el PP local les acuse de "usurpar" los 6 metros de zona de servidumbre y esperan que también "sexa abandeirado e reclame para o dominio público toda a franxa costeira de Moaña na que hai concesións que impiden o tránsito e incluso moitas viviendas particulares", concluyen.

sábado, 23 de junio de 2018

Os estaleiros da Seara catalogados como patrimonio cultural de Galicia.


Como xa sabedes, o día 21 de xuño saíu publicado no Diario oficial de Galicia a resolución que acorda a inclusión no Catálogo de patrimonio cultural de Galicia das carpinterías de ribeira de Casqueiro e Carlagho.

Dende a Asociación Sueste queremos dar o noso máis sincero agradacemento a todos aqueles que nos acompañastes nestes anos de loita, unhas veces bogando contra corrente e outras navegando con ventos favorables, para conseguir a salvación e catalogación dos estaleiros da Seara. 

Agora comeza unha nova loita para conseguir a revalidación do estaleiro de Casqueiro e a reparación do de Calragho danados no incendio do 10 de Xuño do 2017.


-Diario oficial de Galicia coa resolución que acorda a inclusión no Catálogo de patrimonio cultural de Galica das carpinterías de ribeira de  Casqueiro e Carlagho de Moaña-