martes, 17 de diciembre de 2019

Obras no estaleiro de Casqueiro

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/12/17/concello-preve-concluir-semana-retirada/2218951.html

El Concello prevé concluir esta semana la retirada de la vallas del astillero de Seara

Pese a la lluvia, el concejal de Urbanismo asegura que van a buen ritmo

domingo, 15 de diciembre de 2019

Obras de sostemento do estaleiro de Casqueiro

O concello de Moaña comezou o pasado luns o apuntalamento das paredes de pedra que aínda permanecen en pé, despois do lume intencionado do 10 de xuño de 2017 que derruíu a carpintaría de Casqueiro e afectou tamén a de "Calragho". Estas obras son imprescindibles para poder abrir o tramo de Concepción Arenal, valado polo risco de que poidesen caer pedras do estaleiro na beirarrúa. Este labor correspondería facela ao ente Costas do Estado pero, ante a súa deixadez, é o propio concello quen a acomete subsidiariamente.
A recuperación do paso pola beirarrúa de Concepción Arenal á altura do estaleiro de Casqueiro era unha demanda da Asociación de Veciños de Praia - Seara y de outros colectivos.

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/12/14/concello-retira-vallas-astilleros-seara/2217629.html





lunes, 9 de diciembre de 2019

Vídeo do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en A Guarda

Enlace para ver o vídeo do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de A Guarda, entre o 11 e 14 de xullo de 2014.
https://drive.google.com/file/d/1PXXtUJvM1OE9W8FHLXhaWHEID745wlz5/view?usp=sharing

Moaña libre de plásticos


O concello de Moaña está a por en marcha o proxecto “Moaña Libre de Plásticos”, financiada polo grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda para dar unha resposta integral contra a problemática dos plásticos no mar.

Dito proxecto ten como obxectivos: 

-           Formar á poboación e divulgar contidos en materia de contaminación por plásticos e microplásticos no medio mariño.
            -      Concienciar á veciñanza e acadar o seu compromiso ambiental. 
       -      Mellorar a contorna mariña do concello de Moaña, especialmente os ecosistemas litorais. 
       -      Contribuír á I+D+i mariña europea mediante a subida á aplicación ‘Marine LitterWatch’ de datos obtidos en limpezas do litoral.
       -      Eliminar as bolsas de plástico de todo o tecido comercial de Moaña. 


Para poñerse en contacto poden facelo no número de teléfono 690 208 034 

No seguinte enlace poden atopar máis información sobre o proxecto http://moana.libredeplasticos.gal/

Inventio Mundi


Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicos. séculos XVI-XVII
Do 12 de novembre de 2019 ao 14 de xaneiro de 2020, o segundo andar do claustro do Edificio Sarmiento acolle a exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas organizada polo Consello da Cultura Galega. Nela amósanse as consecuencias que a expedición Magallanes/Elcano, que parteu hai 500 años, tivo para Galicia. A inauguración tivo lugar o martes 12 de novembro ás 18 h.

Esta formidábel viaxe deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rotas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría de A Coruña, de onde partiría a segunda expedición para as Illas Molucas e da cal deberían saír as seguintes expedicións para aquelas lonxanas terras das especias, tan desexadas polos europeos, foi un soño breve, pero deu a Galicia un notábel protagonismo que tamén se debe celebrar.
Edificio Sarmiento. Do 12 de novembre de 2019 ata o 14 de xaneiro 2020

CULTURMAR gañador nos premiso HGG&T, na modalidade “Acervo patrimonial”




CULTURMAR GAÑADOR NOS PREMIOS HGG&T, NA MODALIDADE “ACERVO PATRIMONIAL”
O 25 de setembro celébrouse a XVII Edición dá GALA DO TURISMO E A GASTRONOMÍA DE GALICIA –creada en 1998-  na Sala CINC da Cidade da Cultura de Santiago, ás 19 h.
CULTURMAR que figuraba entre os finalistas, na modalidade “ACERVO PATRIMONIAL”no conxunto dos últimos 25 anos, resultou gañador na devandita categoría.

Coincidindo cos 5 lustros de vida, unha exposición dos contidos -as imaxes e protagonismos dos últimos 25 anos na vida turístico-hostaleira galega– complementou a proclamación e entrega dos premios turísticos, non en balde esta GALA arrincou coa consideración de “Día Galego do Turismo”, a pesar da súa innovadora achega, ao concitar o encontro de todos os subsectores concomitantes.                      

jueves, 8 de agosto de 2019