viernes, 29 de octubre de 2021

Fin de tempada

Os pasados días estivemos recollendo as velas do galeón Eliseo. Chegou a fin de tempada. Este verán foi moi intenso na navegación co Eliseo. Foron moitos os socios e socias e outros grupos que participaron nestas navegacións.



lunes, 25 de octubre de 2021

Conmemoración da batalla de Rande

 O sábado, 23 de outubro, unha frota de embarcacións Tradicionais participaron na conmemoración da batalla de Rande que se librou ese mesmo día do ano 1702. A batalla desenvolveuse na enseada de San Simón entre as escuadras anglo - holandesa e a franco - española. Os galeóns españois chegaron á ría de Vigo cargados cun dos maiores tesouros que cruzaron o Atlántico: ouro, prata, xoias, especias...  A frota anglo - holandesa atacaron a escuadra refuxiada en Rande e...   






  

viernes, 15 de octubre de 2021

Novos usos para os nosos vellos barcos

Durante dous sábados de outubro, os días 2 e 9, a Asociación Sueste levou a cabo a acción de Inicativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, "novos usos para os nosos vellos barcos".

 Participaron nesta acción un grupo de 15 rapaces/as e mozos/as de diversos lugares. Nesta acción realizaron varias actividades. construción dun medio casco, formación teórica de navegación, colaboración na recuperación dunha embarcación tradicional, visita a un estleiro de ribeira e recoñecemento das embarcacións tradicionais e  a navegación a vela nun galeón das rías, o Eliseo, embarcación con 113 anos de vida e propiedade da asociación Sueste. 

A Deputación de Pontevedra outorga unha subvención á Asociación Sueste

 






A Deputación de Pontevedra concedeu á Asociación Sueste unha subvención para completar os traballos de rehabilitación do galeón das rías Eliseo, con cargo á orde que recolle as bases dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo e fluvial na provincia de Pontevedra.

O investimento realizado por Sueste neste exercicio de 2021, en base ao proxecto presentado, ascende a 17000 €, sendo con cargo á deputación o 80 % dos custes. O obxecto dos traballos presentados para o galeón Eliseo estaban dirixidos á protección do casco e obras de carpintaría con imprimación e pintura, posta a punto do motor, instalación do motor, obfas de mecanizado, instalación do sistema hidráulico e do sistema eléctrico, material de seguridade e salvamento marítimo e realización da inspección técnica de buques.

Os traballos desenvolvéronse dende o mes de febreiro de 2021, completándose no mes de setembro cando o galeón estaba de novo en Moaña. Con estes traballos, Sueste completa un arduo labor de máis de dous anos, para solventar os graves problemas estruturais que afectaban ao casco da embarcación. 

Sueste quere recoñecer a iniciativa e vontade da Deputación de Pontevedra ao impulsar esta liña de axudas, convocadas nos anos 2020 e 2021. Estas permitiron acometer o proxecto de restauración da embarcación. Sen esta liña de subvencións, sería case imposíble realizar os traballos. Ao mesmo tempo, tamén se quere recoñecer o apoio económico dos/as socios e socias que coas súas achegas contribuíron a que este barco de máis de 113 anos de vida continúe navegando e sexa o referente senlleiro do patrimonio maítimo e fljvial galego.


lunes, 27 de septiembre de 2021

 O sábado pasado, 25 de setembro, no Salón de Plenos do concello de Moaña, Xosé Iglesias presentou o seu libro ilustrado "Nación Mar. Cetáceos, navós, espítus e mitos" da Editorial Bululú.

Previamente, o autor foi introducido polo concelleiro de Mocidade, Daniel Costas, e polo membro de Sueste, Daniel Rodas.

Finalizada a presentación, Xosé Iglesias fixo doazón á Asociación Sueste de dúas láminas orixinais, a metamorfose dunha serea no galeón Eliseo. Esta obra quedou depositada no Concello de Moaña.

Moitas grazas, Xosé.

Medre o mar!!!



Intervención do concelleiro de Mocidade, Daniel Costas.


Presentación de Xosé Iglesias por parte de Daniel Rodas, socio de Sueste.




Intervención de Xose Iglesias na presentación do seu libro ilustrado "Naión Mar"



Doazón de Xosé Iglesias das dúas láminas orixinais á Asociación Sueste e o seu depósito no concello de Moaña. 
De dereita á esquerda Xosé Iglesias, autor da obra; Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; Coral Ríos, Concelleira de Promoción Económica do concello de Moaña e Pablo Martínez, Presidente de Sueste.


Cartaz da presentación coa portada do libro presentado.



sábado, 28 de agosto de 2021

ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A ACTIVIDADE "NOVOS USOS PARA OS NOSOS VELLOS BARCOS"

 Ábrese o prazo de inscrición para a actividade "Novos usos para os nosos vellos barcos" que se levará a cabo os sábados 25 de setembro e 2 de outubro. 

Adxúntase máis abaixo ficha de inscrición.





Despedimos ao Sea Cloud Spirit

 O Eliseo acompañou ao Sea Cloud Spirit na súa despedida da ría de Vigo. Este gran veleiro comezouse a construír no ano 2008, primeiramente en marín e posteriormente en Metalships en Vigo. Esta embarcación ten capacidade para 138 pasaxeiros mais 90 tripulantes.











viernes, 27 de agosto de 2021

jueves, 26 de agosto de 2021

Semana de navegación en embarcacións tradicionais

 Dentro das actividades de Campamentos de Verán auspiciados polo concello de Moaña, esta a semana de navegación en embarcacións tradicionais, onde un grupo de mozos e mozas coñecen de primeira man como é navegar neste tipo de embarcacións.

O progama lévase a cabo entre os días 23 e 27 de agosto en horario de mañán. os participantes reciben nocións de navegación, tipoloxiía de barcos tradicionais, descobren en moitos casos o cultivo do mexillón ou as canteiras de O Cocho.


Novos usos para os nosos vellos barcos

 O 10 de agosto, no DOG nº 152, A Dirección Xeral de Xuventude resolveu conceder á Asociación RC Sueste unha axuda para desenvolver o proxecto "Novos usos para os nosos vellos barcos", dentro do programa Iniciativa Xove.

A asociación Sueste pretende que os mozos e mozas de 15 a 35 anos de idade descubran, coñezan, poñan en valor e cheguen a aprezar o novo uso que se lle pode dar aos "vellos barcos" dos nosos avós. En resumo, quere dar a coñecer este rico patrimonio marítimo galego, poñendoo en valor e dándolle un novo uso, evitando que sexan meros obxectos museísticos.

O progrma levarase a cabo en dous días completos: o sábado 25 de setembro e o 2 de outubro..

Son varias as actividades propostas para este fín:

- Construción de maquetas (medios cascos)

- Formación teórica de navegación en embarcacións tradicionais.

- Navegación nas embarcacións.





Comunicado oficial do Comité Organizador do XV EETG

 

Comunicado: suspensión do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais

 

 

         O cambio de situación epidemiolóxico do Concello de Moaña, de nivel medio de restricións a nivel alto anunciado hoxe pola Xunta de Galicia, vendo a tendencia á alza dos datos de casos activos en Moaña e na área sanitaria de Vigo, ante unha posible entrada no nivel extremo na vindeira semana, desde o comité organizador avaliamos que non se dan as circuntancias favorables para desenvolver con plenas garantías o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

 

         Desde a organización levamos máis dun ano traballando no evento, intentando por todos os medios e ata o último momento celebrar o Encontro, que contribuiría a dinamizar a economía local, a que Moaña desfrutase da cultura e do patrimonio marítimo pesqueiro galego, a mostrar a quen nos visitase a nosa esencia de vila mariñeira; mais a situación sanitaria na que está inmersa Galicia fainos tomar unha decisión difícil e complexa.

 

         Somos conscientes de que hai tripulacións e delegacións que xa están en camiño, persoas voluntarias comprometidas coa celebración, colectivos e entidades colaboradoras, por iso lamentamos moito as molestias que lles poida ocasionar esta suspensión e pedimos desculpas polas mesmas.

 

         Por último, queremos agradecer e recoñecer a todas persoas, entidades e patrocinadoras desta edición o seu compromiso e a súa colaboración.

 

 

 

O Comité Organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais.

 

domingo, 25 de julio de 2021

Presentación do Eliseo. 24.07.21

 O sábado, 24 de xullo, ás 19,00 horas, no peirao da Mosqueira de Moaña, realizouse a presenación do galeón Eliseo despois de case dous anos de reparación en O Grove e en Cambados.

Esta recuperación foi posible a contribución económica de socios, a un préstamo financiero e a subvencións da Deputación de Pontevedra, ademais da implicación persoal de varios socios. 
Na presentación participaron socios e socias de Sueste, representantes do goberno municipal, a Deputada Delegada de Patrimonio da Deputación de Pontevedra, un representante de Culturmar e representacións de varias entidades e asociacións da vila. Fíxose un pequeno percorrido cos invitados pola enseada de Moaña e, como non, un pequeno ágape para os presentes.















Que inchadiña branca vela!

 

Coma en edicións anteriores, o sábado, 24 de xullo, volveron as embarcacións de Galicia a subir polo Ulla e o Sar para homenaxear a nosa gran poetisa Rosalía de Castro.

¡ Que inchadiña branca vela

antre os millos corre soa, 

misteriosa pura estrela!

Dille o vento en torno dela:

"Palomiña, ¡voa!, ¡voa!"