miércoles, 31 de mayo de 2023

Concesión a favor do concello das carpintarías de ribeira

O pasado 21 de abril, Costas do Estado resolveu favorablemente a concesión ao Concello de Moaña dos espazos ocupados polas carpintarías de ribeira de Casqueiro e de Calragho. Era unha demanda amplamente respaldada polo concello, pola asociación Sueste e por outros colectivos. Dende hai varios días, Colocouse un cartel con dúas infografías do proxecto de rehabilitación dos estaleiros e o paseo de A Seara.  




Preparando o Eliseo para a tempada de verán

 Preparando o Eliseo para a tempada do verán 2023.







lunes, 8 de mayo de 2023

Presentación no colexio Reibón (05/05/23)

Os socios e membros da XD da asociación Sueste, Cándido Miranda e Pablo Martínez, ao igual que en outras ocasións, realizaron unha presentación e charla no colexio Reibón de Moaña. Explicáronlles aos alumnos/as dos cursos de 5º e 6º de Primaria a orixe e características das embarcacións tradicionais galegas, dos comezos da navegación e unha breve exposición sobre a nosa asociación. En próximas xornadas continuaranse con estas actividades e coa, quizais máis interesante para os rapaces e rapazas, navegación no galeón Eliseo polas augas de Moaña.



A asociación Sueste realiza estas charlas a petición dos colexios interesados co ánimo de promover entre a rapazada o coñecemento desta riqueza etnográfica que temos e que, moitas veces, descoñecemos. Un dos obxectivos da entidade é xuntamente a posta en valor das embarcacións tradicionais galegas e todo o entorno que as rodea. Sueste presta a súa colaboración todos os centros educativos que o demanden.