martes, 25 de agosto de 2020

Curso de navegación en embarcacións tradicionais

 Na semana do 24 ao 28 de agosto estemos desenvolvendo a 4ª edición da actividade de navegación en embarcacións tradicionais, patrocinada polo concello de Moaña.

No curso participan 10 rapaces e rapazas aprendendo as técnicas de navegación nos barcos dos nosos avós e pais. Son catro botes nos que se realizan as practicas: o Domaio, o Serruchada, o Mecon e o Búrbida.