martes, 18 de agosto de 2020

Presentación do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - 2021




 

O día 8 de agosto, presentouse no Salón de Plenos do concello de Moaña o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – 2021, que se vai realizar no entre os días 5 e 8 de agosto do vindeiro ano, na vila de Moaña.

Ao acto asistiron moitos dos colectivos locais e comarcais convidados a participar e colaborar no desenvolvemento deste evento; membros da Asociación Piueiro, que foron os encargados da organización do anterior encontro de 2019, en A Guarda; representantes dos grupos políticos municipais que conforman o concello de Moaña; a Diputada Delegada de Patrimonio da Deputación Provincial de Pontevedra, Dª María Ortega.

No acto de presentación, aberto coa participación, sembre benvida, de Paulino quen, coa súa arpa, regalounos dúas pezas musicais,  interviron: Dª Coral Ríos, concelleira de Promoción Económica e Turismo; D. Pablo Martínez, presidente de Sueste; D. José Luis Sacau, presidente de Culturmar – FGCMF e o alcalde accidental, D. Odilo Barreiro.

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia é convocado por Culturmar – Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial cada dous anos. É a gran festa do mar. Consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas, acompañados de actos culturais e de lecer, xornadas de conferencias, coloquios, exposicións, publicacións, música e danza tradicional, artesanía, etc..

A celebración do mesmo, ten por obxecto principal poñer de manifesto a riqueza do patrimonio marítimo e fluvial galego e a necesidade de conservalo. Por outra banda, os Encontros serven para amosar o traballo no eido da recuperación do patrimonio feito polas asociacións, é ó mesmo tempo, supón unha actividade de dinamización social e de lecer, converténdose nunha festa atractiva para os cidadáns e visitantes da vila que acolle o Encontro.

En próximas datas, quedará constituído o Comité Organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – 2021.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario