O concello de Moaña está a por en marcha o proxecto “Moaña Libre de
Plásticos”, financiada polo grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría
de Vigo-A Guarda para dar unha resposta integral contra a problemática dos
plásticos no mar.
Dito proxecto ten como obxectivos:
- Formar á poboación
e divulgar contidos en materia de contaminación por plásticos
e microplásticos no medio mariño.
-
Concienciar á veciñanza e acadar o seu compromiso
ambiental.
- Mellorar a contorna
mariña do concello de Moaña, especialmente os ecosistemas
litorais.
- Contribuír á I+D+i mariña
europea mediante a subida á aplicación ‘Marine LitterWatch’ de datos
obtidos en limpezas do litoral.
- Eliminar as bolsas de
plástico de todo o tecido comercial de Moaña.
Para poñerse en contacto poden facelo no número de teléfono 690 208
034
No seguinte enlace poden atopar máis información sobre o
proxecto http://moana.libredeplasticos.gal/
No hay comentarios:
Publicar un comentario