lunes, 9 de diciembre de 2019

Inventio Mundi


Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicos. séculos XVI-XVII
Do 12 de novembre de 2019 ao 14 de xaneiro de 2020, o segundo andar do claustro do Edificio Sarmiento acolle a exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas organizada polo Consello da Cultura Galega. Nela amósanse as consecuencias que a expedición Magallanes/Elcano, que parteu hai 500 años, tivo para Galicia. A inauguración tivo lugar o martes 12 de novembro ás 18 h.

Esta formidábel viaxe deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rotas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría de A Coruña, de onde partiría a segunda expedición para as Illas Molucas e da cal deberían saír as seguintes expedicións para aquelas lonxanas terras das especias, tan desexadas polos europeos, foi un soño breve, pero deu a Galicia un notábel protagonismo que tamén se debe celebrar.
Edificio Sarmiento. Do 12 de novembre de 2019 ata o 14 de xaneiro 2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario