CULTURMAR GAÑADOR NOS PREMIOS HGG&T, NA MODALIDADE “ACERVO PATRIMONIAL”
O 25 de setembro celébrouse a XVII Edición dá GALA DO TURISMO E A
GASTRONOMÍA DE GALICIA –creada en 1998- na Sala CINC da Cidade da Cultura
de Santiago, ás 19 h.
CULTURMAR que figuraba entre os finalistas, na modalidade
“ACERVO PATRIMONIAL”, no conxunto dos últimos 25 anos, resultou
gañador na devandita categoría.
Coincidindo cos 5 lustros de vida, unha exposición dos contidos -as imaxes
e protagonismos dos últimos 25 anos na vida turístico-hostaleira galega– complementou a
proclamación e entrega dos premios turísticos, non en balde
esta GALA arrincou coa consideración de “Día Galego do Turismo”,
a pesar da súa innovadora achega, ao concitar o encontro de todos os
subsectores concomitantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario