lunes, 30 de septiembre de 2024

NA DEFENSA DA VILA

 


                                    
                                    O galeón "Eliseo" trasladando aos piratas berberiscos


O galeón “Eliseo” da Asociación Sueste, acompañado do racú “Oleira” e do galeón “Coruxo” da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas, participaron na “Defensa da vila” en Cangas, rememorando o ataque dos piratas berberiscos en decembro de 1617. A flota desembarcou aos atacantes ás 19,30 da tarde, levando o terror a vila canguesa.

Como vén sendo habitual, a Asociación Sueste colabora con “Teatro de Ningures” e coa organización da actividade, na representación do desembarco dos piratas berberiscos que se realiza todos os finais dos meses de setembro na vila canguesa.

Un catro de decembro de 1617 unha frota composta de once vaixeis atacaron a vila morracense, despois de intentar desembarcar no porto de Vigo onde foron rexeitados en dúas ocasión. A primeiras horas da mañá, uns 1000 homes desembarcaron na praia de Rodeira e en Punta Balea. Durante tres días, os berberiscos adicáronse a asesinar, violentar e saquear a vila e os arredores. Aínda tiveron tempo tamén de atacar outras poboacións coma Domaio onde tamén a asolaron.


No hay comentarios:

Publicar un comentario