martes, 2 de abril de 2024
Faleceu o capitán Babé
Faleceu na Alta Mar o rapaza que veraneaba en Asturias, o de terra adentro
namorado da mar, o galego de adopción. Faleceu Javier Babé. Será unha dura falta
para o mundo da náutica. Babé faleceu o pasado venres, 29 de marzo, abordo da
súa goleta “La Peregrina”, durante a travesía do “Reto Astrolabio”, coma
consecuencia dun fallo cardíaco. Atopábase a unha distancia de menos de 500
millas náuticas do seu destino, a illa A Desexada, unha pequeña illa ao sureste
do Caribe, rematada a súa expedición. Coa autorización da súa compañeira e tamén
tripulante de “La Peregrina”, o corpo de Babé foi amortallado e lastrado cunha
áncora, na tarde do sábado, 30 de marzo para que descansase no fondo do mar como
era o seu desexo. O noso pésame a súa viúva e fillos e tamén aos seus
compañeiros e amigos da expedición “Reto Astrolabio”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario