viernes, 11 de junio de 2021
CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS
Seguindo coa campaña de captación de voluntarios e voluntarias para o XV EETG, onte deuse unha charla a alumnos de 1º de bacharelato do Colexio Internacional SEK Atlántico, en Pontvedra. Os alumnos e alumnas mostráronse moi receptivos á participación e son varios os que indicaron que se inscribirían. Comentouselles as áreas de colaboración nas que poden participar. Todos os voluntarios e voluntarias estarán protexidos por un seguro de accidentes e de responsabilidade civil e recibirán un diploma acreditativo da súa participación no evento.
jueves, 10 de junio de 2021
NOVA REUNIÓN DA COMISIÓN DE VOLUNTARIADO
Na tarde de onte, reuníronse varios membros da Comisión de voluntariado para seguir avanzado no plan de captación de voluntarios e voluntarias cara o XV EETG que se vai celebrar en Moaña, entre o 5 e 8 de agosto.
Dende esta comisión animan aos veciños e veciñas moañesas a participar coma voluntarios e voluntarias neste gran evento. Para inscribirse deberán cubrir unha sinxela ficha que está na páxina web de Culturmar.
As áreas de participación son varias ao igual que o número de días ou quenda de participación:
- Apoio loxístico na organización de eventos, actuacións, exposicións e obradoiros.
- Control de aforo e accesos.
- Supervisión e control de medios audiovisuais e novas tecnoloxías.
- Apoio ás tripulacións no mar (é recomendábel o título de PER e experiencia).
- Apoio na loxística do comedor, limpeza e desinfección (se fose preciso) e mantención das persoas participantes.
- Dinamización do espazo familiar.
- Atención e información ao público (precísase que falen inglés).
Todos os colaboradores estarán debidamente asegurados e obterán un diploma da súa participación como voluntario ou voluntaria.
MORRAZO NOTICIAS
O voluntariado do Encontro de Moaña poderá elixir entre sete áreas para colaborar na organización
En menos de dous meses, Moaña acollerá o 15 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG), que se celebrará entre o 5 e o 8 de agosto. A organización fai un chamamento á cidadanía para que participe no maior evento marítimo fluvial deste verán e “nos axude nesta gran festa da cultura marítima”. Poden ser voluntarias as persoas maiores de idade ou os mozos e mozas de máis de 16 anos (con autorización familiar ou dos titores legais).
O EETG diferencia sete áreas nas que @s interesad@s poden participar:
— Apoio loxístico na organización de eventos, actuacións, exposicións e obradoiros.
— Control de aforo e accesos.
— Supervisión e control de medios audiovisuais e novas tecnoloxías.
— Apoio ás tripulacións no mar (é recomendábel ter o título de PER e experiencia).
— Apoio na loxística do comedor, limpeza e desinfección (se fose preciso) e manutención das persoas participantes.
— Dinamización do espazo familiar.
— Atención e información ao publico (precisan alguén que fale inglés).
O voluntariado, que poderá escoller entre quenda de mañá ou de tarde, recibirá formación e estarán cubertas por un seguro de accidentes e responsabilidade civil concertado por Culturmar, unha das entidades organizadoras xunto co Concello de Moaña e a Asociación Recreativa Cultural Sueste. Ademais, faráselle entrega dunha camisola do evento, da acreditació e de material de continxencia fronte á Covid19, se fose necesario. Tamén recibirán manutención na súa quenda de traballo, ademais de certificación da súa participación.
As persoas interesadas deberán cumprimentar, antes do 25 de xullo, o formulario que está accesible a través da páxina web do evento. A organización resalta o papel da rede de voluntariado como un dos piares fundamentais para a coordinación e organización dun evento desta magnitude.
viernes, 4 de junio de 2021
REUNIÓN CO COMERCIO E A HOSTELARÍA DE MOAÑA
A concelleira de Turismo e Promoción Económica, o presidente
da Asociación Sueste, o xerente da Federación de comerciantes e industriais do
Morrazo (FECIMO), o presidente da Asociación Empresarios de Moaña (ASEMMO) e
unha representante da Asociación de Hosteleiros de Moaña mantiveron unha
reunión no concello de Moaña para tratar as liñas de colaboración dos
comercios, restaurantes, cafetarías, etc co XV EETG,
Expúsoselles a importancia para Moaña e o Morrazo a
organización dun evento desta envergadura. A colaboración solicitada xirou en
tres liñas de actuación. A primeira, a ambientación e engalanamento dos
establecementos, especialmente neste aspecto, da fronte marítima. Unha segunda
liña sería a participación dos locais nunha exposición de fotografías de
temática mariñeira, pertencentes ao arquivo da Agrupación Cultural Nós. E unha
terceira que afectaría aos locais de hostelaría propoñéndolles que oferten para
eses días un almorzó e xantar mariñeiro para aqueles tripulantes ou visitantes
que o desexasen.
As propostas que se lles prantexaron ás entidades
profesionais foron ben acollidas polos seus representantes que as trasladarán aos seus
asociados para a súa valoración.
REUNIÓN COMISIÓN DE MAR 03.06.21
A comisión de Mar reuniuse a partir das 20,00 hr por vídeo –
conferencia para tratar diversos asuntos de importancia para o desnvolvemento
do 15 EETG.
Os temas tratados foron de diferente índole: seguimiento dos
acordos anteriores, situación das inscricións de embarcacións, as actividades
que se desenvolverán no mar, as relación coas administración competentes e as
tarefas loxísticas.
Tomáronse varios acordos respecto dos temas anteriores. A
próxima reunión desta comisión será presencial.
jueves, 3 de junio de 2021
COLABORACIÓN CO CEIP DE QUINTELA
Dous membros da asociación, Cándido Miranda e Pablo Martínez, achegáronse ao CEIP de Quintela, en Moaña, para colaborar no proxecto que o equipo docente de 6º de Primaria tiña programado. Explicouselles a historia da navegación e as embarcacións tradicionais galegas. Aproveitouse, ademais, para comentar os obxectivos e accións que desenvolve a Asociación Sueste durante todo o ano e tamén se lles convidou a participar no XV EETG , nas actividades dirixidas á rapazada.
PROSEGUEN AS REUNIÓNS DAS COMISIÓNS. ESTA VEZ A DE VOLUNTARIADO
Despois, da reunión plenaria do Comité Ortganizador do XV EETG, realizada o pasado sábado 29 de maio,no Salón de Plenos do Concello de Moaña, onde se marcaron novos obxectivos e "deberes" para as distintas comisións, na recta final, a dous meses do Encontro, reuniuse a Comisión de Voluntariado. A xuntanza convocouse por vídeo - conferencia, o 2 de xuño, as 20:30 horas para facer un repaso dos traballos previos levados a cabo, concretar unha listaxe coas novas tarefas pendentes e a súa problemática, os tempos para desenvolvelas e quen asume cada unha delas.
miércoles, 2 de junio de 2021
VISITA DO DEPUTADO NO CONGRESO NÉSTOR REGO
Hoxe, 2 de xuño visitou o estaleiro de Carlagho o deputado en Madrid, Néstor Rego. A visita foi para coñecer a situación en que se atopa o tramo entre o Pontillón e a Casa do Mar e a solicitude de concesión dos terreos de Costas do Estado ao concello para poder desenvolver o proxecto de humanización da franxa do litoral de Seara e a rehabilitación das carpintarías de ribeira. Estivo acompañado duante toda a visita pola Alcaldesa de Moaña.
martes, 1 de junio de 2021
Novas do XV Encontro no Faro de Vigo - O Morrazo
El Encontro de Embarcacións anima a los vecinos a decorar Moaña con motivos marineros
F.G.S.
Moaña 01.06.21
El comité organizdor del XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG) que se celebra este verano en Moaña - entre los días 5 y 8 de agosto- y atraerá a barcos históricos de distintos países, acordó, en su última reunión de trabajo, solicitar el apoyo de los vecinos "para engalanar con motivos marineros el frente marítimo de la villa" durante esos días. Consideran "importante" la ambientación y decoración de las calles, espacios públicos y las fachadas de todo tipo de edificios. "La idea es que el mar esté presente en todos los rincones durante la celebración de una fiesta que, sin duda, es un importante elemento de atracción turística", concluyen los organizadores.
Proponen decoraciones como nasas, redes, remos, anclas, cabos, nudos marineros o velas de navegación, entre otros elementos.
El Encontro de Embarcacións Tradicionais se celebrará en Moaña por primera vez. Está organizado por la federación Culturmar cada dos años desde 1993 e invita a asociaciones de barcos históricos tanto de Galicia como de Portugal, Irlanda, Francia, y comunidades como Euskadi, Andalucía o Baleares.