martes, 20 de octubre de 2009
jueves, 8 de octubre de 2009
Fotos do galeón Eliseo
No enlace de abaixo, poderás atopar fotos do galeón Eliseo; así como tamén información interesante de outros galeóns que xa navegan polas rías galegas, algúns recuperados e outros de nova construción.
Fotos Eliseo
Fotos Eliseo
jueves, 17 de septiembre de 2009
Traballos no bote
Seguimos cos traballos no bote Domaio, cada dia falta un pouco menos para que este a de volta no mar.
sábado, 12 de septiembre de 2009
Homenaxe a Cabanillas
Rimas ao vento mareiro, baixo este titulo celebrouse en Cambados espectáculo plastico-poetico no marco do homenaxe a Ramón Cabanillas. Luís Rey fixo de condutor do acto que tamén contou como remate coa actuación do grupo de gaitas de Cultural Dorna.
martes, 8 de septiembre de 2009
Parrocheira 2009
Invitados polo Clube do Mar de Ferrol asistimos o pasado Domingo a XVII edición da Parrocheira celebrado no Ferrol Vello no porto de Curuxeiras.
Desta volta non levamos barco ningún xa que non tiñamos remolque dispoñible para levar o bote. Foi unha maña de domingo de agradábel velear pola Ria de Ferrol.
Graciñas a Susa por levarnos a navegar no Enxebre
Desta volta non levamos barco ningún xa que non tiñamos remolque dispoñible para levar o bote. Foi unha maña de domingo de agradábel velear pola Ria de Ferrol.
Graciñas a Susa por levarnos a navegar no Enxebre
martes, 25 de agosto de 2009
XIV Concentración de Embarcacións Tradicionais de Poio
Os pasados dias 21,22 e 23 celebrouse a XIV Concentración de Embarcación Tradicionais de Poio organizada polo clube mariño A Reiboa. A ela acudimos co galeón navegando a motor xa que seguimos sen velas.
martes, 18 de agosto de 2009
martes, 11 de agosto de 2009
lunes, 10 de agosto de 2009
VI Xuntanza de Embarcacións tradicionais.
O pasado fin de semana de semana celebrouse nosa VI Xuntanza de embarcacións tradicionais, contou coa participación de un total de 22 embarcacións celebrouse por segundo ano no peirao da Mosqueira.
Empezamos a maña co volco do Galeonciño sen mais consecuencias que o susto e unha boa molladura.
domingo, 9 de agosto de 2009
sábado, 8 de agosto de 2009
viernes, 7 de agosto de 2009
Presentación do galeón Eliseo.
No dia de hoxe procedeuse a presentación do Eliseo ante a prensa, autoridades socios e veciños, o acto tivo lugar na rampla do peirao da Mosqueira.
domingo, 2 de agosto de 2009
Festa do Rio en Lanhelas
Asistimos onte a Festa do Rio en Lanhelas. Lanhelas e unha freguesía portuguesa do concello de Caminha polo tanto fomos a un evento internacional. Aínda que o dia non acompañou foi un bo di de navegación polo rio Miño parte das navegacións tamén había unha pequena exposición en terra sobre o Carocho e a carpintería de ribeira
sábado, 1 de agosto de 2009
sábado, 25 de julio de 2009
miércoles, 15 de julio de 2009
IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - Muros 2009
Do 9 o 12 deste mes celebrouse en Muros o IX encontro de embarcacións tradicionais de Galicia, nos acudimos co bote Sueste que participou no seu primeiro encontro. Un gran éxito de participantes como soe ser habitual en todos os encontros, de destacar tamén a gran implicación de todo o pobo de Muros tanto na súa implicación para o desenrolo do mesmo como para o esforzo que fixeron para adornar todo o pobo.
lunes, 6 de julio de 2009
Botadura Nova Esperanza
Invitados pola Asociación Remadoira de Vigo estivemos na botadura da gamela de Cabo de Cruz Nova Esperanza o pasado Sábado, construída por eles e una replica da vella Esperanza que se atopa no Chazo.
viernes, 3 de julio de 2009
Exposición en Boiro
Algúns membros da Asociación Sueste fomos a Boiro a montar unha das exposición da Federación dentro da carpa Mostra das Culturas que se encadra dentro dos actos de Barbanza Tradicional, a exposición compartiu espazo entre outros con Agalcari.
lunes, 29 de junio de 2009
O Eliso xa ten mastro
O Eliseo xa esta de volta en Cambados co seu mastro recen colocado. Agora solo faltan os tramites e inspeccións de capitanía para poder marchar para Moaña.
jueves, 25 de junio de 2009
Botadura galeón Coruxo
No dia de onte as 11 da maña na rampla do porto de Cánido tivo lugar a botadura e o bautismo do galeón Coruxo, construído polos rapaces e rapazas do modulo de carpintería de ribeira da Escola Obradoiro Mar de Vigo IV.
A rampla estivo moi concorrida
Dorna de tope
Con motivo da botadura do galeón podemos ver mas instalación da escola o estado da dorna de tope que están a construír dentro do proxecto desafío a tope. Xa ten parte da armazón toda rematada.
miércoles, 24 de junio de 2009
San Xoán
Un ano mais unha parte da nosa historia acaba os seus dias nas fogueiras de San Xoán, neste caso na da praia de Vilariño en Cangas.
miércoles, 27 de mayo de 2009
Xa temos gamela
Despois de moito aturar os nosos amigos de Mar da Pedra, decidimos facernos cunha gamela que eles mesmos nos cederon. Orixinaria do porto de Coruxo ten a fasquia algo distinta as gamelas desta banda da ria por adicarse as de unha banda e as da outra a oficios distintos.
martes, 26 de mayo de 2009
Preparando a enxarcia do Eliseo
Estes dias andamos preparando todo o tema da enxarcia para o mastro do Eliseo. Primeiro preparamos as bigotas con madeira de carballo e no dia de hoxe colocando as bigotas nos cables de aceiro previo recubrimento destes cun cabo embreado.
viernes, 22 de mayo de 2009
Eliseo no Grove
Seguen os traballos no Eliseo nos estaleiros Garrido do Grove, xa esta feito o burato na cuberta para pinchar o mastro así como o seu encaixe na sobrequilla. Xa temos tamén o mastro cos zunchos colocados e o bauprés posto no seu sitio, cada vez falta menos.
jueves, 14 de mayo de 2009
lunes, 11 de mayo de 2009
Eliseo no Grove
Hoxe varouse o Eliseo no Grove nos estaleiros Garrido para que lle poñan o mastro.
Eliseo polas rúas do Grove.
Ferros para colocar no mastro e no bauprés.
Estaleiros de Manuel Mougán
Nos estaleiros Mougán tamén puidemos mirar outros barcos tradicionais durante a botadura da Lavanqueira.
Galeón Adelino Manuel, só lle quede completar a parte mecánica e a vela.
Botadura da Lavanqueira.
Invitados polos amigos da A.C.D.X. Fasquía, asistimos o pasado dia 9 a botadura da dorna Lavanqueira. Construída nos estaleiros de Manuel Mougán e a segunda dorna dentro do proxecto Desafío a Tope promovido pola federación e subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
Paloma Rueda da Deputación, Mónica e Santi de Fasquia e Braulio da Federación.
martes, 5 de mayo de 2009
Desafío Atlántico
Dende o día 30 de abril ao 4 de maio celebrouse en Vigo o Desafío Atlántico Vigo - Tall Ships Atlantic Challenge 2009, antigamente chamado Cutty Shark.
A escasa presenza de grandes veleiros fixo que os organizadores contactaran coa Federación co fin de que as embarcacións tradicionais ocupasen unha parte importante da mostra, tamén se colocou un estand no peirao que foi do máis visitado.
A escasa presenza de grandes veleiros fixo que os organizadores contactaran coa Federación co fin de que as embarcacións tradicionais ocupasen unha parte importante da mostra, tamén se colocou un estand no peirao que foi do máis visitado.
sábado, 25 de abril de 2009
Seguen os traballos estaleiro
Seguimos a traballar no bote Domaio, xa lle armamos a nova quilla coas rodas e acabamos de cambiar todas as cadernas.
domingo, 19 de abril de 2009
lunes, 16 de marzo de 2009
Seguimos coas botaduras
Esta e nosa segunda botadura este ano, a dorna Acabouse a Rasa. Propiedade de Anxo e de Jorge.
Estas son algunhas fotos da botadura, o pasado dia 14 de Marzo. Como podedes ver non faltaron gaitas nin pandeiretas nin un bo xantar para rematar a festa.
Estas son algunhas fotos da botadura, o pasado dia 14 de Marzo. Como podedes ver non faltaron gaitas nin pandeiretas nin un bo xantar para rematar a festa.
martes, 3 de marzo de 2009
Preparando o verán
Estes días estamos con botaduras de novas embarcacións dos nosos socios,a primeira foi dun bote da ría, o Cherne, propiedade do noso compañeiro Manolo.
Estas son algunhas fotos da botadura que tivo lugar o pasado 28 de febreiro.
Estas son algunhas fotos da botadura que tivo lugar o pasado 28 de febreiro.
sábado, 7 de febrero de 2009
Mastro Eliseo
O mastro do Eliseo xa esta rematado, no día de hoxe procedeuse a súa carga nun camión para levalo aos estaleiros de Garrido no Grove.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)