jueves, 29 de diciembre de 2022

SUESTE FINALIZA OS TRABALLOS DE MANTEMENTO E COIDADO DO GALEÓN ELISEO SUBVENCIONADOS POLAS AXUDAS AO PATRIMONIO MARÍTIMO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE 2022.

 

Sueste solicitou con cargo a Orde de Subvención ao Patrimonio Marítimo e Fluvial de 2022 da Deputación de Pontevedra axudas para a realización de traballos de conservación do Galeón de Ría “Eliseo”, destinadas ao mantemento e protección da embarcación e motor.

As obras e traballos realizados consistiron no pintado de casco da embarcación, cuberta, pau, bauprés e verga; labores de mantemento, reparación e posta a punto do motor, construción novas tapas de bodega e reforzo da brazola, compra de cabos para a renovación da enxarcia e outros elementos, xunto coa dotación dunha lona de protección e cuberta e vela maior.

Os traballos subvencionados acaban de finalizarse nestas últimas semanas, logo de máis de dous meses de varada do barco, dado a que o mal tempo persistente impedía a execución dos traballos de pintura.

Dende Sueste queremos recoñecer publicamente a importancia desta Orde de Subvención da Deputación de Pontevedra, vital para o mantemento, conservación e rehabilitación do patrimonio marítimo, que está permitindo ás asociacións de embarcacións tradicionais manter ao vivo e preservar o importante legado que representan as embarcacións tradicionais e a cultura marítima e fluvial.

O Eliseo volve estar operativo, co casco recén pintado, motor a punto, preparado para navegar.

2023 NOVO RETO, 120 MILLAS NAÚTICAS DE NAVEGACIÓN PARA ACUDIR CO ELISEO AO XVI ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS A SADA, QUE SE VAI CELEBRAR ENTRE 3 EO 6 DE AGOSTO DE 2023.

A principios do mes de agosto de 2023, en Sada vai ter lugar o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, Sueste está planificando a participación no XVI Encontro co Eliseo, asumindo o reto de navegación que representa a travesía en mar aberto de máis de 120 millas náuticas, a ruta e datas de saída e navegación de dependerán do convoi de embarcacións que organice Culturmar que partirán das Rías Baixas, para chegaren a Sada en 2 ou 3 xornadas de navegación.