lunes, 31 de mayo de 2021
NOVAS DO MORRAZONOTICIAS.COM
Moaña chama á veciñanza a engalar con motivo mariñeiros a fronte marítima da vila durante o Encontro de Embarcacións
PLENARIO DO COMITÉ ORGANIZADOR DO XV EETG
o sábado 29 de maio, reuniuse o Plenario do Comité organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais deGalicia, a celebrar en Moaña, entre os días 5, 6, 7, 8 de agosto.
Nesta convocatoria aprobáronse os orzamentos xerais para o evento e fíxose un repaso dos acordos tomados e xestións realizadas nas diferentes comisións. O plenario realizouse no Salón de Plenos do concello de Moaña, entre as 17,00 e as 19,00. Estiveron presentes no mesmo diversas asociacións e entidades profesionais, deportivas, culturais, de veciños, folclóricas, etc
jueves, 20 de mayo de 2021
REUNIÓN DA COMISIÓN DE CULTURA DO XV EETG 19.05.21
Reuniuse a comisión de cultura
do XV EETG, no concello de Moaña. A xuntanza de case tres horas foi moi frutífera.
Avanzáronse en moitos aspectos pendentes e nas actividades e actos a programar.
Son innumerables os que están previstos para a semana do XV EETG: concertos,
obradoiros varios, encontro para a rapazada, exposición, intervencións
poéticas, presentación de libros, proxeccións, etc.
En breve, irase publicando o
programa que se está a preparar.
MÁIS SOBRE COLÓN.
Un análisis de ADN esclarecerá si Cristóbal Colón era de origen
gallego
La Universidad de Granada llevará a cabo la investigación científica más ambiciosa y decisiva sobre la procedencia del descubridor de América decisiva sobre la procedencia del descubridor de América
LA VOZ
REDACCIÓN 19/05/2021 18:06 H
Uno de los mayores misterios de la
historia que siguen sin resolverse todavía es el origen del
navegante Cristóbal Colón, fallecido
en Valladolid el 20 de mayo de 1506. Sin embargo, la ciencia está a punto de
poner fin al eterno debate sobre su procedencia, que se disputan diferentes
países como Italia, España, Portugal, Croacia y Polonia.
Los restos óseos atribuidos a Colón, a su hijo Hernando y a su hermano Diego saldrán de la cámara de seguridad de la Universidad de Granada para ser analizados en la propia universidad y trasladados a diferentes laboratorios de identificación genética de Europa y América. Una investigación que alcanzará su fase final con el estudio del ADN y que podría obligar a modificar los libros de historia.
Hace casi veinte años, José Antonio
Lorente, catedrático de Medicina Forense de la Universidad de Granada dirigió
un equipo multidisciplinar que logró exhumar el sepulcro del almirante
situado en la Catedral de Sevilla y extraer parte de los restos para
su posterior estudio. Desde el 2003, los huesos de Colón han permanecido a
resguardo en una sala blindada de la Universidad andaluza.
Este jueves día 20 de mayo se cumplen 515 años de la muerte de Colón y será el momento escogido por el equipo de profesionales a cargo de la investigación para iniciar el análisis genético de los restos óseos atribuidos al descubridor del Nuevo Mundo, a su hijo Hernando y a su hermano Diego. Se trata del momento más decisivo y el que ha requerido mayor tiempo de espera hasta disponer de una ingeniería genética avanzada que garantizara mayores posibilidades de éxito.
Por tanto, será la investigación
científica más ambiciosa sobre el origen de Colón, que recopila el trabajo
desarrollado por las diferentes hipótesis surgidas hasta el momento y que
cuentan con posible material genético de Cristóbal Colón. Valencia,
Portugal, Cataluña, Galicia, Navarra o Mallorca serán algunas de las
posibilidades que serán analizadas comparativamente por el equipo de
Lorente. El análisis genético que se llevará a cabo en los próximos meses
podría ser la pieza fundamental que unifique todas las ramas de trabajo y
permita conocer un poco más sobre la vida del descubridor de América.
La tesis gallega
El posible origen gallego de Cristóbal Colón se postuló en 1898 como primera refutación al origen genovés, de mano del pontevedrés Celso García de la Riega. Los documentos, la toponimia y el lenguaje fueron la base fundamental del apoyo a una teoría sostenida por historiadores y académicos como Emilia Pardo Bazán, entre otros muchos. En 1928, fue silenciada por presiones políticas ante la inminente celebración de la Exposición Iberoamericana de Sevilla.
La reciente legitimación de los
históricos documentos por el Instituto del Patrimonio Cultural de España
(2013), que contienen los apellidos «Colón» y «de Colón», al igual que las
Capitulaciones de Santa Fe, podrían situar a la familia del navegante en
Pontevedra, antes y durante el descubrimiento.
Cristóbal Colón y
Pedro Madruga, ¿la misma persona?
Otra línea de investigación abierta
dentro de la teoría gallega apunta a que Cristóbal Colón y Pedro
Madruga eran, en realidad, la misma persona. Madruga era un hijo
bastardo de la Casa de Soutomaior, de modo que llevaba el apellido de su madre.
Según los defensores de esta propuesta, el cambio de apellidos del que
fue Vizconde de Tui, Mariscal de Baiona y Conde de Caminha se
habría producido cuando se vio obligado a huir a Portugal por apoyar a Juana la
Beltraneja en lugar de a Isabel la Católica en la lucha por sucesión
del trono de Castilla.
miércoles, 19 de mayo de 2021
SEGUIMOS PRESENTANDO O XV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
Dous
membros da Asociación Sueste, Pablo Martínez e Celso Coloret, realizaron o mércores,
18, a presentación do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a
celebrar en Moaña no mes de agosto, aos alumnos e alumnas do curso de
carpintaría de ribeira, da escola – Obradoiro “A Aixola” de Marín, así como o
plan de voluntariado para o evento.
A
charla foi solicitada polo monitor e a titora do curso de carpintaría de ribeira
que se leva desenvolvendo na citada escola. A intervención estendeuse no tempo
bastante máis do previsto debido as preguntas e ao interese amosado polos
alumnos e alumnas. Os temas tratados foron varios. Comentamos o funcionamento
das asociacións de embracacións tradicionais, máis concretamente Sueste; os
obxectivos desta e as innumerables actividades que leva organizadas nos últimos
anos. Explicouse a organización da Federación Galega pola Cultura Marítima- Culturmar
e presentouse o XV EETG, facendo incidencia no Plan de Colaboración e Voluntariado
Confiamos que varios dos presentes participen coma tales na vindeira edición
dos Encontros de Galicia.
Dende
os seus inicios, en 1997, o Centro de Formación “A Aixola” constituíuse nun
referente para a impartición de accións formativas de capacitación e reciclaxe
das xentes do mar.
Aixola foi creado co obxectivo de capacitar aos colectivos que
abandonaban a pesca para continuar exercendo a súa actividade noutros oficios
do sector marítimo. A formación puramente técnica compleméntase con actividades
de inclusión social e fomento da igualdade de xénero, ofrecendo apoio na busca
de novas oportunidades de emprego, e promovendo o impulso do espírito
emprendedor e cooperativo entre os seus beneficiarios.
O
denominador común de todas as accións formativas é a súa orientación práctica para a adquisición
das capacidades requiridas polo mercado laboral, a través da aprendizaxe en
taller, onde se realizan proxectos xurdidos de necesidades reais. O centro de formación emula o traballo das empresas cun
profesor, un titor e un grupo de aprendices en cada especialidade .
A formación teórica necesaria para o desenvolvemento das especialidades
impártese maioritariamente integrada á práctica.
As áreas formativas son: madeira, composites, instalacións, redes,
plásticos, velaría, pneumáticas e emprego.
jueves, 13 de mayo de 2021
O BOTE SUESTE NA AIXOLA
O bote Sueste está sendo
reparado na Escola – Obradoiro “A Aixola” de Marín. Nel están facendo prácticas
os alumnos de carpintaría de ribeira baixo a dirección de Santiago Cancelas.
Estase traballando na cuberta para máis adiante reparar as cadernas e forro.
miércoles, 12 de mayo de 2021
REUNIÓN EN CAPITANÍA MARÍTIMA DE VIGO
Hoxe, mércores 12, Pepe Sacau e Enrique Senra, por parte de Culturmar, e Pablo Martínez, pola Asociación Sueste, mantiveron unha reunión en Capitanía Marítima de Vigo co responsable desta entidade, Pablo Pedrosa e o xefe de seguridade marítima, Manuel Ángel Rodriguez. Na reunión tratáronse diversos temas relacionados co próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a celebrar entre os días 5 e 8 de agosto. Na reunión, de gran cordialidade, púxose en valor a excelente predisposición por parte do Capitán Marítimo e do responsable da seguridade marítima cunha total colaboración coa organización do evento.
martes, 11 de mayo de 2021
PRESENTACIÓN DE NACIÓN MAR DE XOSÉ IGLESIAS
lunes, 10 de mayo de 2021
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN COMA VOLUNTARIO NO XV EETG
Abriuse o prazo de inscricións
de voluntarios para o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que
se vai realizar en Moaña, entre os días 5 e 8 de agosto.
Unha das maneiras de gozar
dende dentro do 15 EETG é coma persoa voluntaria. Dentro da organización dos Encontros
de Embarcacións Tradicionais, o voluntariado é unha parte fundamental no bo
desenvolvemente deste evento. Son varias as áreas a cobrir por parte das
persoas voluntarias:
1.
Apoio loxístico na organización de eventos.
2.
Control
de aforo e accesos.
3.
Medios
audivisuais e novas tecnoloxías.
4.
Apoio ás
tripulacións no mar.
5.
Apoio na
loxísitica do comedor.
6.
Dinamización do espazo familiar.
7.
Atención
e información ao público.
Sen o concurso destas persoas difícilmente
podería levarse a cabo a organización dos Encontros.
Poderán
inscribirse todas as persoas maiores de 16 anos. Os menores de idade deberán
presentar a autorización dos seus país ou titores legais. Para inscribirse
cómpre cumprimentar o formulario que pode atoparse na web de culturmar.org ou
ben directamente en: https://15embarcacionstrad.info/