Hoxe, mércores 12, Pepe Sacau e Enrique Senra, por parte de Culturmar, e Pablo Martínez, pola Asociación Sueste, mantiveron unha reunión en Capitanía Marítima de Vigo co responsable desta entidade, Pablo Pedrosa e o xefe de seguridade marítima, Manuel Ángel Rodriguez. Na reunión tratáronse diversos temas relacionados co próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a celebrar entre os días 5 e 8 de agosto. Na reunión, de gran cordialidade, púxose en valor a excelente predisposición por parte do Capitán Marítimo e do responsable da seguridade marítima cunha total colaboración coa organización do evento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario