martes, 11 de mayo de 2021

PRESENTACIÓN DE NACIÓN MAR DE XOSÉ IGLESIAS

O próximo xoves, día 13 de maio, as 20:00 horas, en Amigos dos Museos de Galicia - Portas Ártabras, Xosé Iglesias presentará o seu álbum ilustrado "Nación Mar" da editorial Bululú. Unha fusión perfecta de ilustracións e diario de vivencias que relata a historia de navíos e espíritus mariños das nosas costas.

Acompañarán ao autor Felipe Senén, Xurxo Souto e Xosé Duncan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario