Dous
membros da Asociación Sueste, Pablo Martínez e Celso Coloret, realizaron o mércores,
18, a presentación do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a
celebrar en Moaña no mes de agosto, aos alumnos e alumnas do curso de
carpintaría de ribeira, da escola – Obradoiro “A Aixola” de Marín, así como o
plan de voluntariado para o evento.
A
charla foi solicitada polo monitor e a titora do curso de carpintaría de ribeira
que se leva desenvolvendo na citada escola. A intervención estendeuse no tempo
bastante máis do previsto debido as preguntas e ao interese amosado polos
alumnos e alumnas. Os temas tratados foron varios. Comentamos o funcionamento
das asociacións de embracacións tradicionais, máis concretamente Sueste; os
obxectivos desta e as innumerables actividades que leva organizadas nos últimos
anos. Explicouse a organización da Federación Galega pola Cultura Marítima- Culturmar
e presentouse o XV EETG, facendo incidencia no Plan de Colaboración e Voluntariado
Confiamos que varios dos presentes participen coma tales na vindeira edición
dos Encontros de Galicia.
Dende
os seus inicios, en 1997, o Centro de Formación “A Aixola” constituíuse nun
referente para a impartición de accións formativas de capacitación e reciclaxe
das xentes do mar.
Aixola foi creado co obxectivo de capacitar aos colectivos que
abandonaban a pesca para continuar exercendo a súa actividade noutros oficios
do sector marítimo. A formación puramente técnica compleméntase con actividades
de inclusión social e fomento da igualdade de xénero, ofrecendo apoio na busca
de novas oportunidades de emprego, e promovendo o impulso do espírito
emprendedor e cooperativo entre os seus beneficiarios.
O
denominador común de todas as accións formativas é a súa orientación práctica para a adquisición
das capacidades requiridas polo mercado laboral, a través da aprendizaxe en
taller, onde se realizan proxectos xurdidos de necesidades reais. O centro de formación emula o traballo das empresas cun
profesor, un titor e un grupo de aprendices en cada especialidade .
A formación teórica necesaria para o desenvolvemento das especialidades
impártese maioritariamente integrada á práctica.
As áreas formativas son: madeira, composites, instalacións, redes,
plásticos, velaría, pneumáticas e emprego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario