lunes, 31 de mayo de 2021

PLENARIO DO COMITÉ ORGANIZADOR DO XV EETG

 o sábado 29 de maio, reuniuse o Plenario do Comité organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais deGalicia, a celebrar en Moaña, entre os días 5, 6, 7, 8 de agosto.

Nesta convocatoria aprobáronse os orzamentos xerais para o evento e fíxose un repaso dos acordos tomados e xestións realizadas nas diferentes comisións. O plenario realizouse no Salón de Plenos do concello de Moaña, entre as 17,00 e as 19,00. Estiveron presentes no mesmo diversas asociacións e entidades profesionais, deportivas, culturais, de veciños, folclóricas, etc




No hay comentarios:

Publicar un comentario