viernes, 29 de agosto de 2008

Botadura da gamela Luna

No día de onte procedeuse a botadura da gamela Luna, propiedade dos amigos da asociación Mar de Pedra. A restauración da mesma  levouse a cabo polos participantes no campo de traballo que organizou a nosa asociación.


Poñendo a gamela en posición a espera da suba da marea.


Os participantes no campo xunto cos monitores.


  A gamela xa navegando.

martes, 19 de agosto de 2008

O Eliseo xa navega

No día de hoxe, o Eliseo voltou navegar polos seus propios medios na boca do rio Umia en Castrelo -  Cambados.



miércoles, 13 de agosto de 2008

Galeón Coruxo

Na escola obradoiro Mar de Vigo seguen coa construción do  galeón Coruxo cos traballos xa moi avanzados.





lunes, 11 de agosto de 2008

Sueste na prensa

Faro de Vigo - Recuperando un patrimonio que esmorecía

V Encontro de Embarcacións Tradicionais

O pasado fin de semana celebrouse nosa V Xuntanza de embarcación tradicionais. Nela participaron unha vintena de embarcacións procedentes de varios portos da ria así como algún da ria de Pontevedra. Este ano nosa xuntanza trasladouse do porto de Meira o peirao da Mosqueira.

Pola mañá navegación pola ria.



viernes, 8 de agosto de 2008

Traballos no bote

Seguimos traballando no bote Domaio, o primeiro foi atarranchalo para evitar que se deformara o movelo. Despois quítanoslle  a quilla  a roda. E preparamos a quilla nova coas rodas de proa e popa.

lunes, 4 de agosto de 2008

O Eliseo volta o mar

O Eliseo volveu as augas da Ria de Arousa o rematar os traballos de instalación do motor, do quillote e mais do leme no taller de Evaristo en Castrelo. Nas fotos pódese ver xunto co Comaira que agarda quenda  cartos par seguir con súa restauración. 38 anos separan a fecha de construción destes dous galeóns con moi poucas variacións nas liñas dos seus cascos.


sábado, 2 de agosto de 2008

Accidentada botadura do carocho "Anguleiro"

Fai agora un ano da accidentada botadura do carocho Anguleiro durante o acto de inaguración do pantalan de embarcacións tradicionais a cargo da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas.


Sueste na prensa

Faro de Vigo - La Biblia de los barcos antiguos

Presentacion da Guia das embarcacións tradicionais galegas

No dia de onte, co colaboración das asociacións Aferróns e Irmandade do Pontillón, e dentro das actividades da nosa V Xuntanza. Tivo lugar no estaleiro a presentación do libro Guía das embarcacións tradicionais escrito por Jesús Blanco Garcia nacido en Vilanova de Arousa, e profesor de Física na Escola de Enxeñaría Técnica Industrial da Universidade de Vigo. Membro da Asociación de Embarcacións Tradicionais  Rabandeira e tripulante habitual do galeón Nova Sofia.