Onde manda patrón...
lunes, 8 de septiembre de 2008
III Xuntanza Bouzas 2008
Esta fin de semana pasada veuse de celebrar a terceira xuntanza de Bouzas. É este un evento bianual longamente esperado por todos os participantes. Contou cun gran número de barcos e tripulantes así como cun numeroso público que seguiu este evento.
viernes, 29 de agosto de 2008
Botadura da gamela Luna
No día de onte procedeuse a botadura da gamela Luna, propiedade dos amigos da asociación Mar de Pedra. A restauración da mesma levouse a cabo polos participantes no campo de traballo que organizou a nosa asociación.
Poñendo a gamela en posición a espera da suba da marea.
Os participantes no campo xunto cos monitores.
A gamela xa navegando.
martes, 19 de agosto de 2008
O Eliseo xa navega
No día de hoxe, o Eliseo voltou navegar polos seus propios medios na boca do rio Umia en Castrelo - Cambados.
miércoles, 13 de agosto de 2008
Galeón Coruxo
Na escola obradoiro Mar de Vigo seguen coa construción do galeón Coruxo cos traballos xa moi avanzados.
lunes, 11 de agosto de 2008
V Encontro de Embarcacións Tradicionais
O pasado fin de semana celebrouse nosa V Xuntanza de embarcación tradicionais. Nela participaron unha vintena de embarcacións procedentes de varios portos da ria así como algún da ria de Pontevedra. Este ano nosa xuntanza trasladouse do porto de Meira o peirao da Mosqueira.
Pola mañá navegación pola ria.
viernes, 8 de agosto de 2008
Traballos no bote
Seguimos traballando no bote Domaio, o primeiro foi atarranchalo para evitar que se deformara o movelo. Despois quítanoslle a quilla a roda. E preparamos a quilla nova coas rodas de proa e popa.
lunes, 4 de agosto de 2008
O Eliseo volta o mar
O Eliseo volveu as augas da Ria de Arousa o rematar os traballos de instalación do motor, do quillote e mais do leme no taller de Evaristo en Castrelo. Nas fotos pódese ver xunto co Comaira que agarda quenda cartos par seguir con súa restauración. 38 anos separan a fecha de construción destes dous galeóns con moi poucas variacións nas liñas dos seus cascos.
sábado, 2 de agosto de 2008
Accidentada botadura do carocho "Anguleiro"
Fai agora un ano da accidentada botadura do carocho Anguleiro durante o acto de inaguración do pantalan de embarcacións tradicionais a cargo da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas.
Presentacion da Guia das embarcacións tradicionais galegas
No dia de onte, co colaboración das asociacións Aferróns e Irmandade do Pontillón, e dentro das actividades da nosa V Xuntanza. Tivo lugar no estaleiro a presentación do libro Guía das embarcacións tradicionais escrito por Jesús Blanco Garcia nacido en Vilanova de Arousa, e profesor de Física na Escola de Enxeñaría Técnica Industrial da Universidade de Vigo. Membro da Asociación de Embarcacións Tradicionais Rabandeira e tripulante habitual do galeón Nova Sofia.
domingo, 27 de julio de 2008
II Encontro de Embarcacións Tradicionais de Aldán
Por segundo ano fomos invitados por os amigos de Mar da Pedra a participar no seu encontro non faltaron as navegacións nin as gaitas.
A musica correu a cargo dos Airiños do Piñeiro con algún que outro artista invitado.
Cartel da V Xuntanza
Xa temos o cartel da nosa V Xuntanza de Embarcacións Tradicionais a celebrar o próximo dia 9 de Agosto no peirao da Mosqueira.
sábado, 26 de julio de 2008
Semana do mar
Hoxe foi a presentación ante os medios da Semana do Mar, dentro da cal esta incluída a nosa V Xuntanza de Embarcacións Tradicionais.
miércoles, 4 de junio de 2008
Auxiliar para o Eliseo
Xa temos rematada chalana que vai servir como auxiliar no Eliseo, despois de ter masilladas e lixadas todas as puntas agora so falta empezar coa pintura.
Nas fotos tamén se pode mirar o mastro do Eliseo case rematado.
miércoles, 14 de mayo de 2008
Traballando no Eliseo
Esta semana estibemos traballando no es estaleiro coa cana do timón en Cambados co a instalación do motor.
Con toda a parte mecánica e de combustible xa instalada xa solo falta a parte eléctrica.
Con toda a parte mecánica e de combustible xa instalada xa solo falta a parte eléctrica.
sábado, 2 de febrero de 2008
domingo, 20 de enero de 2008
Mastro Eliseo
Comezamos os traballos par preparar o mastro para o "Eliseo", hai o vedes xa nivelado encima duns cabaletes para empezar co cepillado.
Bote Domaio
Xa co bote no estaleiro miramos que a maior parte de madeira esta podre, a quilla coa madeira boa pero partida en catro anacos, aínda así trataremos de recuperalo.
domingo, 13 de enero de 2008
Chegaron os Reis
Empezamos o no novo co rescate dun pequeno bote que se atopaba fundido no porto de Domaio dende fai algún tempo. A familia que nos fixo a doazón díxonos que e probable que teña arredor de 80 anos. O bote exercía de auxiliar nun barco carboeiro na ria de Vigo propiedade probablemente da empresa Davila.
O bote a parte de de fundido estaba cheo de lama, polo que tivemos que esperar unha baixamar grande para limpa lo e colocarlle uns flotadores.
Apenas facía agua polo que levámolo un areal próximo e mais tarde hasta unha rampla.
E xa dende alí por estrada en remolque hasta o estaleiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)