DATA FUNDACIÓN: 21 de xaneiro de 2003.
A Asociación Cultura e Recreativa "SUESTE", de ámbito comarcal, nace no Concello de Moaña o 21 de xaneiro do 2003, polas inquedas dun grupo de persoas das distintas parroquias moañesas interesadas na cultura marítima. Dita asociación é rexistrada na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o 28 de xaneiro do mesmo ano; e no rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Moaña con data de 28 de xaneiro do 2005.
- Os fins da Asociación serán:
a) Construción, rehabilitación, conservación, mantemento de embarcacións de madeira tradicionais das costas galegas; así como a conservación e fomento de tradicións, costumes e actividades relacionadas co mar para os socios, persoas non socias e, especialmente, para rapaces e xoves, sen interese lucrativo algún.
b) Promoción, formación, integración social e entretemento dos socios, persoas non socias e, especialmente, rapaces e xoves, sen interese lucrativo algún.
c) Estudo, conservación, promoción e/ou defensa dos recursos naturais e do Medio Ambiente, especialmente aqueles relacionados co mundo mariño, sen interese lucrativo algún.
d) A divulgación entre os socios, persoas non socias e, especialmente, rapaces e xoves, da cultura marítima, sen interese lucrativo algún.
- Todas as actividades que desenvolverá a Asociación Sueste para os socios, persoas non socias e, especialmente, rapaces e xoves no cumprimento dos fins do artigo anterior:
a) Construción, rehabilitación e mantemento de embarcacións de madeira tradicionais, aparellos e todo tipo de utensilios relacionados co mar. Afiliarase á FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA E FLUVIAL.
b) Gozo e divulgación do noso patrimonio etnográfico, cultural e medio ambiental relacionado co mar dirixido aos socios, persoas non socias e, especialmente, a rapaces e xoves.
c) Proxección de películas, documentais, diapositivas, edición de libros, revistas, exposicións, charlas e conferencias, etc… relacionadas co Mar e o Medio Ambiente dirixidas aos socios, persoas non socias e, especialmente, a rapaces e xoves.
d) Todas cantas actividades se poidan desenvolver de índole cultural, social, educativo, recreativo, medio ambiental e xuvenil relacionadas coa cultura e patrimonio etnográfico, cultural e medio ambiental relacionado co mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario