viernes, 29 de octubre de 2021

Fin de tempada

Os pasados días estivemos recollendo as velas do galeón Eliseo. Chegou a fin de tempada. Este verán foi moi intenso na navegación co Eliseo. Foron moitos os socios e socias e outros grupos que participaron nestas navegacións.



lunes, 25 de octubre de 2021

Conmemoración da batalla de Rande

 O sábado, 23 de outubro, unha frota de embarcacións Tradicionais participaron na conmemoración da batalla de Rande que se librou ese mesmo día do ano 1702. A batalla desenvolveuse na enseada de San Simón entre as escuadras anglo - holandesa e a franco - española. Os galeóns españois chegaron á ría de Vigo cargados cun dos maiores tesouros que cruzaron o Atlántico: ouro, prata, xoias, especias...  A frota anglo - holandesa atacaron a escuadra refuxiada en Rande e...   






  

viernes, 15 de octubre de 2021

Novos usos para os nosos vellos barcos

Durante dous sábados de outubro, os días 2 e 9, a Asociación Sueste levou a cabo a acción de Inicativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, "novos usos para os nosos vellos barcos".

 Participaron nesta acción un grupo de 15 rapaces/as e mozos/as de diversos lugares. Nesta acción realizaron varias actividades. construción dun medio casco, formación teórica de navegación, colaboración na recuperación dunha embarcación tradicional, visita a un estleiro de ribeira e recoñecemento das embarcacións tradicionais e  a navegación a vela nun galeón das rías, o Eliseo, embarcación con 113 anos de vida e propiedade da asociación Sueste. 

A Deputación de Pontevedra outorga unha subvención á Asociación Sueste

 






A Deputación de Pontevedra concedeu á Asociación Sueste unha subvención para completar os traballos de rehabilitación do galeón das rías Eliseo, con cargo á orde que recolle as bases dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo e fluvial na provincia de Pontevedra.

O investimento realizado por Sueste neste exercicio de 2021, en base ao proxecto presentado, ascende a 17000 €, sendo con cargo á deputación o 80 % dos custes. O obxecto dos traballos presentados para o galeón Eliseo estaban dirixidos á protección do casco e obras de carpintaría con imprimación e pintura, posta a punto do motor, instalación do motor, obfas de mecanizado, instalación do sistema hidráulico e do sistema eléctrico, material de seguridade e salvamento marítimo e realización da inspección técnica de buques.

Os traballos desenvolvéronse dende o mes de febreiro de 2021, completándose no mes de setembro cando o galeón estaba de novo en Moaña. Con estes traballos, Sueste completa un arduo labor de máis de dous anos, para solventar os graves problemas estruturais que afectaban ao casco da embarcación. 

Sueste quere recoñecer a iniciativa e vontade da Deputación de Pontevedra ao impulsar esta liña de axudas, convocadas nos anos 2020 e 2021. Estas permitiron acometer o proxecto de restauración da embarcación. Sen esta liña de subvencións, sería case imposíble realizar os traballos. Ao mesmo tempo, tamén se quere recoñecer o apoio económico dos/as socios e socias que coas súas achegas contribuíron a que este barco de máis de 113 anos de vida continúe navegando e sexa o referente senlleiro do patrimonio maítimo e fljvial galego.