jueves, 26 de octubre de 2017

Novos usos par os nosos vellos barcos.


Os pasados sábados, o día 30 de setembro e o día 7 de outubro, un grupo de mozos e mozas realizaron a acción “Novos usos para os nosos vellos barcos” organizada pola Asociación Sueste e patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude. As actividades leváronse a cabo en Moaña, en varios lugares: local cedido polo concello de Moaña, estaleiro de Calragho e no mar, saíndo do porto deportivo de Moaña; os xantares, na tapería “Poza da Moura”. Recibiron nocións de navegación a vela, obradoiro de nós, recoñecemento de embarcacións tradicionais, coñeceron o funcionamento dunha carpintaría de ribeira, construíron un medio casco, compartiron mesa e navegaron.


A acción de educación non formal dirixiuse ao descubrimento, coñecemento, posta en valor e apreciación dun novo uso que se lles pode dar aos “vellos barcos” dos nosos pais e avós. En resumo, quixemos dar a coñecer este rico patrimonio marítimo galego, poñéndoo en valor e dándolle un novo uso.
Estas actividades atenderon a varias áreas de atención prioritaria:
a) Iniciativa xove emprendedora.
b) Fomento da participación e empoderamento das mulleres.
c) Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
d) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
Esta edición é a segunda; o pasado ano, 2016, tamén se organizou este programa e confiamos poder ofertalo para o próximo.