lunes, 8 de agosto de 2022

NAVEGACIÓN SÁBADO 5

 O parte meteorolóxico indicábanos o día anterior que non teríamos vento e coma consecuencia a navegación sería un desastre, aboiados pola enseada de Moaña. Nada máis lonxe porque gozamos dun vento de sur constante  que fixo que poidesemos navegar con alegría. Fíxose o percorrido acordado con Capitanía Marítima. Saída do Porto Deportivo e varias voltas ao circuito que vai entre as bateas mexilloeiras e as boias de separación de praias. Foi unha verdadeira ledicia ver navegar os 24 barcos que se inscribiron na Xuntanza. Pola tarde, despois da magnifica comida, preparada por un equipo marabilloso de persoas lideradas por Alicia, tamén se saíu a navegar, reinando unhas condicións semellantas ás da mañá.









Amarrados xa no peirao da Mosqueira  para o xantar






CHEGADA DOS PRIMEIROS BARCOS PARA A CONCENTRACIÓN

 O venres, pola tarde, comezaron a chegar os primeiros barcos participantes nesta edición da Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Quedaron amarrados nos pantaláns que o Club Social Moañamar, propietaria do porto deportivo de Moaña, que cederon para a realización deste evento tan importante. 

Embarcacións tan senlleiras como "Ave de Paso" de Bueu, propiedade de Fidel Simes, "A Buxaina" do CRAC Coruxo, o bote polbeiro "Vila de Bueu" de Os Galos ou o galeón "Luisa" de Reiboa de Poio, ademais das embarcacións de Sueste: "Eliseo", "Domaio", "Meiga" ou "Serruchada" pasaron a noite nos pantaláns. Queremos expresar o noso agradecemento á Moañamar pola enorme colaboración prestada.










CONCERTAZO DE SU GARRIDO POMBO

 O venres, pola tarde noite, poidemos gozar dun verdadeiro concertazo de Su Garrido Pombo. O concerto comezou pasados uns minutos das 21,00 horas, no Eirado do Ferreiro, ao carón do estaleiro de Calragho. O emblemático espazo, ao aire libre, volveuse ateigar de moitas persoas desexosas de oir cantar unhas fermosas letras. Este lugar está sendo empregado cada vez máis para todo tipo de actividade cultural.

Este concerto foi programado dentro da XVII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña - agosto 22 que a súa vez está inmerso nos Días de Mar organizados e coordinados pola concellaría de Turismo e Promoción Económica, cuxa titular é Coral Ríos. Os nosos parabéns polo éxito que está tendo cada ano máis estes Días de Mar.






viernes, 5 de agosto de 2022

Charla - presentación APOI

 Seguindo coas actividades do XVII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña - agosto 22, presentouse o APOI, no salon de plenos do concello de Moaña. 
Participaron Iago Santos, Concha Losada e Xoxé Carlos Villaverde.

Concha Losada (Ourense, 1960) xa coñece moitos aspectos do Museo do Pobo Galego, a súa relación coa institución mudou este sábado (28 de maio), cando a súa candidatura (a única que se presentou) foi apoiada por ampla maioría do Padroado. Xa é a nova presidenta do Museo do Pobo Galego.

Final del formulario

Concha Losada releva así a Justo Beramendi do cargo e convértese na quinta presidenta e na primeira muller en asumilo nos máis de corenta anos de historia da institución, que presidiron con anterioridade Xaquín Lorenzo (1976-1989), Antonio Fraguas (1989-1999) e Isaac Díaz Pardo (2000-2011).

«Hai cousas para as que hai que tomarse un tempo de reflexión e hai outras que significan manter os traballos en curso. As novas salas do museo estanse facendo, non se van paralizar polo pensamento», explica esta profesora do departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC que leva vencellada ao museo que agora preside dende hai máis de 25 anos: primeiro como socia e logo con responsabilidades, que iniciou con traballos de voluntariado no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade.

Concha Losada salienta tamén a necesidade de «contar moito co socios» e ampliar a base social do Museo do Pobo Galego e «chegar a todos os concellos, a moita máis xente para que cando se fale do Museo para moitos galegos e galegas sexa algo seu».

IAGO SANTOS CASTROVIEJO

IAGO SANTOS CASTROVIEJO es Catedrático jubilado da Escuela Universitaria en el Departamento de Economía Aplicada de la Universidad de Vigo, en su trayectoria destaca el estudio de las redes de poder corporativo en España y México. En particular, con un especial énfasis por identificar su influencia en la economía. Fue director de la Revista Cooperativismo e Economía Social de 1990-2002

Algunhas obras:

Historia da pesca en Galicia. (1998)

Élites del poder económico en España en 2013

Élites del poder económico en México

Historia de Cangas 1900-1936. Unha ribeira de pescadores (2005). Coautor con Antonio Nores Soliño.

As necesidades no desenvolvemento social en Galicia. Coautor con Xan Bouzada Fernández

E un sinfín de artigos en revistas especializadas en análisis empresarial, economía, universitarias, etc.

 Xosé Carlos Villaverde.

Toda vida vinculado ao movimento asociativo e cultural de Moaña, dende ben cativo con Acción Católica, pasando polo Ateneo de Moaña e dende a fundación na Agrupación Cultural Nós, autor de varios traballos sobre historias locais de Moaña e colaborador en revistas e periódicos.





Preparando o xantar da Xuntanza

 



O equipo, baixo a supervisión de Chef Alicia Rúa, que prepara o condumio para o xanta do sábado e domingo da XVII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña - agosto 22. Estamos seguros de que enorme esforzo vaise ver reconpensado co agradecemento dos comensais 





miércoles, 3 de agosto de 2022

Charla: As marcas das comunidades mariñeiras galegas e portuguesas

 Dentro das actividades de DÍAS DE MAR  e as que corresponden á Asociación Sueste tivo, onte, martes, 2 de agosto a charla de Joam Evans Pim que versou sobre as marcas nas comunidades mariñeiras galegas e portuguesas.

Joám Evans é membro da Academia Galega da Língua Portuguesa e da Associaçao Véspera de Nada. Dende 1911 dirixe o Center for Global Nonkilling (Hawaii) e dende 2013 tamén é docente no mestrado de Investigación sobre a Paz, Mediación e Conflitos da Universidade Abo Akademi (Finlandia).






martes, 2 de agosto de 2022

PRESENTACIÓN DO LIBRO "PALMEIRAS, PIUEIROS" DE ANXO ANGUEIRA

 Onte a tarde, a partir das 8 da tarde tivo lugar a presentación do llibro de Anxo Angueira "Palmeiras, piueiros" un poemario que fixo as delicias dos asistentes que escoitaron aompropio autor declamar algún das súas composicións. O acto enmárcase dentro das actividades de DÍAS DE MAR e forma parte das que lle corresponde organizar á Asociaión Sueste. Este levouse a cabo no concello de Moaña. O autor foi presentado por Asunción Sóñora e Daniel Costas.