O parte meteorolóxico indicábanos o día anterior que non teríamos vento e coma consecuencia a navegación sería un desastre, aboiados pola enseada de Moaña. Nada máis lonxe porque gozamos dun vento de sur constante que fixo que poidesemos navegar con alegría. Fíxose o percorrido acordado con Capitanía Marítima. Saída do Porto Deportivo e varias voltas ao circuito que vai entre as bateas mexilloeiras e as boias de separación de praias. Foi unha verdadeira ledicia ver navegar os 24 barcos que se inscribiron na Xuntanza. Pola tarde, despois da magnifica comida, preparada por un equipo marabilloso de persoas lideradas por Alicia, tamén se saíu a navegar, reinando unhas condicións semellantas ás da mañá.
Amarrados xa no peirao da Mosqueira para o xantar
No hay comentarios:
Publicar un comentario