Seguindo coas actividades do XVII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña - agosto 22, presentouse o APOI, no salon de plenos do concello de Moaña.
Participaron Iago Santos, Concha Losada e Xoxé Carlos Villaverde.
Concha
Losada (Ourense, 1960) xa coñece moitos aspectos
do Museo do Pobo Galego, a
súa relación coa institución mudou este sábado (28 de maio), cando a súa candidatura
(a única que se presentou) foi apoiada por ampla maioría do Padroado. Xa é a
nova presidenta do Museo do Pobo Galego.
Concha
Losada releva así a Justo
Beramendi do cargo e convértese na quinta presidenta e na primeira muller en asumilo nos máis de
corenta anos de historia da institución, que presidiron con anterioridade Xaquín
Lorenzo (1976-1989),
Antonio Fraguas (1989-1999) e Isaac Díaz Pardo (2000-2011).
«Hai
cousas para as que hai que tomarse un tempo de reflexión e hai outras que
significan manter os traballos en curso. As novas salas do museo estanse
facendo, non se van paralizar polo pensamento», explica esta profesora do
departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC que leva
vencellada ao museo que agora preside dende hai máis de 25 anos: primeiro como
socia e logo con responsabilidades, que iniciou con traballos de voluntariado
no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade.
Concha Losada salienta tamén a necesidade de «contar moito co socios» e ampliar a base social do Museo do Pobo Galego e «chegar a todos os concellos, a moita máis xente para que cando se fale do Museo para moitos galegos e galegas sexa algo seu».
IAGO SANTOS CASTROVIEJO
IAGO SANTOS
CASTROVIEJO es
Catedrático jubilado da Escuela Universitaria en el Departamento de Economía
Aplicada de la Universidad de Vigo, en su trayectoria destaca el estudio de las
redes de poder corporativo en España y México. En particular, con un especial
énfasis por identificar su influencia en la economía. Fue director de la Revista Cooperativismo e Economía Social de
1990-2002
Algunhas obras:
Historia da pesca en Galicia. (1998)
Élites del poder económico en España en 2013
Élites del poder económico en México
Historia de Cangas 1900-1936. Unha ribeira de
pescadores (2005). Coautor con Antonio Nores Soliño.
As necesidades no desenvolvemento social en Galicia.
Coautor con Xan Bouzada Fernández
E un sinfín de artigos en revistas especializadas en
análisis empresarial, economía, universitarias, etc.
Toda vida vinculado ao movimento asociativo e cultural
de Moaña, dende ben cativo con Acción Católica, pasando polo Ateneo de Moaña e
dende a fundación na Agrupación Cultural Nós, autor de varios traballos sobre
historias locais de Moaña e colaborador en revistas e periódicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario