Nos xardíns do concello de Moaña, onte a tarde - noite, organizado pola Asociación Sueste coa colaboración da Concellaría Económica e Turismo do concello de Moaña, levouse a cabo un marabilloso certame poético coas intervencións de varios e varias poetas e músicos. Prestaron a súa voz e música: Luis Chapela, Anna Figueiredo, Lucía Durán,. Pedrdo Pablo Riobó, Miriam Ferradáns, Daniel Costas e acompañados pola guitarra de Santiago Ferragut e a arpa de Paulino de A Seara.
viernes, 18 de agosto de 2023
Carpintarías de ribeira, lembranzas de vida
Na mesa redonda que se realizou no Salón de Plenos do concello de Moaña, dentro dos actos de XVIII Xuntanza de Embaracións Tradicionais de Moaña, nas actividades de Días de Mar, interviron Lolo de Romarías,Rafael, Miguel Cidrás e Estebán Riobó. Foron presentados por Asunción Sóñora, quen tivo o papel de moderadora
miércoles, 16 de agosto de 2023
MESA REDONDA: CARPINTARÍAS DE RIBEIRA, LEMBRANZAS DE VIDA
Hoxe, as 20,00 horas, no Salón de Plenos do concello de Moaña e dentro das actividades da XVIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña, en Días de Mar organizados polo concello de Moaña, con moitas outras asociacións e entidades, teremos unha mesa redonda que leva por título "Carpintarías de ribeira, lembranzas de vida".
lunes, 14 de agosto de 2023
NAVEGACIÓN NAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
Os tripulantes puideron degustar un xantar na carpa da Festa do marisco de Moaña.
PRESENTACIÓN DO Nº 5 DA REVISTA SUESTE
Dentro das actividades da XVIII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña - agosto 23, a á súa vez nos actos programados de Días de Mar que promove o concello de Moaña, o venres, 11 e como pistoletazo de saída da Xuntanza deste ano, presentouse no Salón de Plenos do concello de Moaña o nº 5 da revista Sueste que edita a nosa asociación.
A revista foi presentada pola Concelleira de Turismo e Promoción Económica de Moaña, Coral Ríos, o Presidente de Sueste, Pablo Martínez e a Vicepresidenta, Asunción Sóñora.
viernes, 11 de agosto de 2023
XVI ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA
Entre os días 3 e 6 de agosto, tivo lugar en Sada o XVI Encontro de Embarcacións de Galicia. Evento que reúne a máis dun centenar de embarcacións tradicionais de todo tipo, galegas e foráneas. Non debemos esquecer que Galicia posé a maior diversidade de embarcacións de toda Europa: botes de ría, de Ribadeo, racús, galeóns, traiñeiras, dornas de tope, polbeiras, nai, bucetas, lanchas e un longo etcétera.
Destacar a traballo da comisión organizadora desta edición: Culturmar, Patexeiros e concello de Sada. Deron todo o posíbel e máis por que todo resultase do mellor. Os nosos parabens á comisión organizadora.
A Asociación Sueste participou co seu barco insignia "Eliseo", galeón das rías, con máis de cen anos ás súas costas.
Rumbo Sada III
Imos a Sada
3ª xeira. Previsión saír de Corme ás seis da mañá para chegarmos a Sada sobre as catro da tarde do domingo, unhas coarenta millas náuticas para lograrmos o obxectivo.
Saímos de Corme, segundo o previsto. Sobre as 6,15 estabamos concentrándonos fóra do porto. Era a etapa máis curta e supostamente máis levadeira.
Pasamos O Roncudo, Punta Nariga, as illas Sisargas por fóra, Malpica, o porto exterior de A Coruña, a icónica Torre de Hércules e entramos na ría de Betanzos - Ares pare enfilar a Sada.
sábado, 5 de agosto de 2023
Rumbo Sada II
IMOS A CORME
Pasamos a noite os tripulantes que chegaramos de Moaña, nas instalacións que goza o club de remo de
Muros, onde dispón de varios dormitorios con liteiras. Estivemos toda a noite
escoitando “un marabilloso concerto nocturno interpretado por diferentes barítonos
a varias voces que deleitaban os nosos oídos”. Espectacular!!!
Ao erguernos, vimos que non deixara de chover en toda a
noite e… Non tiñamos roupa de augas!!! Aínda así percorremos, baixo as bágoas que
caían do ceo, a distancia que nos separaba do porto onde deixaramos un par de
días antes o noso buque insignia, o “Eliseo”. Íamos ledos porque se nos
presentaba unha longa travesía na que teríamos que dobrar varias puntas e cabos
lendarios no imaxinario galego: Monte de Louro, O Pindo, Cabo da Nasa, Cabo de
Fisterra, Cabo Touriñan, Muxía co seu santuario da Barca, Cabo Vilán, e arribar
ao porto de Corme, pertencento ao concello de Ponteceso, berce do noso bardo
Eduardo Pondal.
Carta da singradura a realizar, aproximadamente 60 millas
Saímos do albergue cedo, sobre as 5,30 horas da mañana. Chegamos puntuais ao peirao, antes das seis da mañán. A previsión era estar fóra do porto de Muros a esa hora. Comezamos a arranxar todo o necesario e comprobamos que estábamos sen batería para arrincar o motor, o vello barreiros. Eran as seis da mañán dese chuvoso sábado, 29 de xullo. Abarloado a nós, tiñamos ao "Ave de paso" do noso amigo e compañeiro Fidel Simes. Afortunadamente, tiña unha pequena bateria que coa axuda do autoarrancador puido, finalmente, acender o barreiros. Saímos de Muros con media hora de retraso.
Na bocana esperaban os demais barcos que formaban o convoi "III Convoi Tesa a escota". Esperábannos unhas 60 millas náuticas por diante, unhas 12 horas de navegación a uns cinco nudos.
Superando o monte Louro
Fronte de nós o cabo Fisterra
Finalmente, foron algo máis polo neboeiro co que nos atopamos o pasar o cabo Fisterra e antes da Punta da Nao. Nese momento tamén comezou a chover con forza o que no obrigou a colocar o toldo do barco formando unha tenda de campaña coa que resgardarnos