domingo, 31 de julio de 2022

XXIV Encontro de Embarcacións de Bueu

 A asociación Sueste, co galeón Eliseo, participa na XXIV edición do Encontro de Embarcacións de Bueu. Presentáronse unha vintena de embarcacións.







viernes, 29 de julio de 2022

A deputación de Pontevedra concede unha axuda para a XVII Xuntanza de Embarcacións de Moaña


 



 A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 8 de xullo de 2022, aprobou, entre outros asuntos, a concesión de subvencións á entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais.

Neste caso a axuda vai dirixida á realización da XVII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Esta actividade inclúe, ademais da concentración de barcos tradicionais, charlas, proxeccións, concertos, presentación de libros, exposicións.

A Asociación Sueste vén realizando dende hai moitos anos esta xuntanza que reúne a máis dunha vintena de embarcacións tradicionais, salvo os dous últimos anos que polo COVID 19 houbo que supendela.

 


miércoles, 20 de julio de 2022

PROGRAMACIÓN DA XVII XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE MOAÑA (DÍAS DE MAR)

 


ACTIVIDADES XVII XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE MOAÑA – AGOSTO 22

DÍAS DE MAR

Lunes, 1 de agosto.

20,00. Presentación do libro “Palmeiras, Piueiros” de Anxo Angueira. Salón de Plenos.

Organizan Asociación Sueste e Concello de Moaña.

Martes, 2 de agosto.

20,00. Charla “As marcas das comunidades mariñeiras galegas e portuguesas” con Joam Evans Pim. Salón de Plenos.

Organizan Asociación Sueste e Concello de Moaña

Xoves, 4 de agosto.

20,00. Proxección e charla: “O mar: A colección de Santos -Villaverde no APOI do Museo do Pobo Galego” con Concha Losada e X. Carlos Villaverde Román. Salón de Plenos.

Organizan Asociación Sueste e Concello de Moaña

Venres, 5 de agosto.

19,00 5 – 7 de agosto. XVII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña.

Organiza Asociación Sueste e Concello de Moaña

21,00. Concerto Sú Garrido Pombo. Eirado do Ferreiro

Organiza Concello de Moaña. Colabora Asociación Sueste

Venres, 12 agosto.

20,30. Concerto no mar “Grupo de vento ClarMorr”. Peirao da Mosqueira, O Con.

Organiza Asociación Sueste. Colabora Concello de Moaña. Patrocina Pontegal da Deputación de Pontevedra.


PROGRAMACIÓN DE DÍAS DE MAR DO 1 AO 21 DE AGOSTO