A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 8 de xullo de 2022, aprobou, entre outros asuntos, a concesión de subvencións á entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais.
Neste caso a axuda vai dirixida á realización da XVII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Esta actividade inclúe, ademais da concentración de barcos tradicionais, charlas, proxeccións, concertos, presentación de libros, exposicións.
A Asociación Sueste vén realizando dende hai moitos anos esta xuntanza que reúne a máis dunha vintena de embarcacións tradicionais, salvo os dous últimos anos que polo COVID 19 houbo que supendela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario