miércoles, 15 de julio de 2009

IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - Muros 2009

Do 9 o 12 deste mes celebrouse en Muros o IX encontro de embarcacións tradicionais de Galicia, nos acudimos co bote Sueste que participou no seu primeiro encontro. Un gran éxito de participantes como soe ser habitual en todos os encontros,  de destacar tamén a gran implicación de todo o pobo de Muros tanto na súa implicación para o desenrolo do mesmo como para o esforzo que fixeron para adornar todo o pobo.


lunes, 6 de julio de 2009

Botadura Nova Esperanza

Invitados pola Asociación Remadoira de Vigo estivemos na botadura da gamela de Cabo de Cruz Nova Esperanza o pasado Sábado, construída por eles e una replica da vella Esperanza que se atopa no Chazo.


viernes, 3 de julio de 2009

Exposición en Boiro

Algúns membros da Asociación Sueste fomos a Boiro a montar unha das exposición da Federación dentro da carpa Mostra das Culturas que se encadra dentro dos actos de Barbanza Tradicional, a exposición compartiu espazo entre outros con Agalcari.