Dous membros da asociación, Cándido Miranda e Pablo Martínez, achegáronse ao CEIP de Quintela, en Moaña, para colaborar no proxecto que o equipo docente de 6º de Primaria tiña programado. Explicouselles a historia da navegación e as embarcacións tradicionais galegas. Aproveitouse, ademais, para comentar os obxectivos e accións que desenvolve a Asociación Sueste durante todo o ano e tamén se lles convidou a participar no XV EETG , nas actividades dirixidas á rapazada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario