A concelleira de Turismo e Promoción Económica, o presidente
da Asociación Sueste, o xerente da Federación de comerciantes e industriais do
Morrazo (FECIMO), o presidente da Asociación Empresarios de Moaña (ASEMMO) e
unha representante da Asociación de Hosteleiros de Moaña mantiveron unha
reunión no concello de Moaña para tratar as liñas de colaboración dos
comercios, restaurantes, cafetarías, etc co XV EETG,
Expúsoselles a importancia para Moaña e o Morrazo a
organización dun evento desta envergadura. A colaboración solicitada xirou en
tres liñas de actuación. A primeira, a ambientación e engalanamento dos
establecementos, especialmente neste aspecto, da fronte marítima. Unha segunda
liña sería a participación dos locais nunha exposición de fotografías de
temática mariñeira, pertencentes ao arquivo da Agrupación Cultural Nós. E unha
terceira que afectaría aos locais de hostelaría propoñéndolles que oferten para
eses días un almorzó e xantar mariñeiro para aqueles tripulantes ou visitantes
que o desexasen.
As propostas que se lles prantexaron ás entidades
profesionais foron ben acollidas polos seus representantes que as trasladarán aos seus
asociados para a súa valoración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario