jueves, 3 de junio de 2021

PROSEGUEN AS REUNIÓNS DAS COMISIÓNS. ESTA VEZ A DE VOLUNTARIADO

Despois, da reunión plenaria do Comité Ortganizador do XV EETG, realizada o pasado sábado 29 de maio,no Salón de Plenos do Concello de Moaña, onde se marcaron novos obxectivos e "deberes" para as distintas comisións, na recta final, a dous meses do Encontro, reuniuse a Comisión de Voluntariado. A xuntanza convocouse por vídeo - conferencia, o 2 de xuño, as 20:30 horas para facer un repaso dos traballos previos levados a cabo, concretar unha listaxe coas novas tarefas pendentes e a súa problemática, os tempos para desenvolvelas e quen asume cada unha delas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario