Na tarde de onte, reuníronse varios membros da Comisión de voluntariado para seguir avanzado no plan de captación de voluntarios e voluntarias cara o XV EETG que se vai celebrar en Moaña, entre o 5 e 8 de agosto.
Dende esta comisión animan aos veciños e veciñas moañesas a participar coma voluntarios e voluntarias neste gran evento. Para inscribirse deberán cubrir unha sinxela ficha que está na páxina web de Culturmar.
As áreas de participación son varias ao igual que o número de días ou quenda de participación:
- Apoio loxístico na organización de eventos, actuacións, exposicións e obradoiros.
- Control de aforo e accesos.
- Supervisión e control de medios audiovisuais e novas tecnoloxías.
- Apoio ás tripulacións no mar (é recomendábel o título de PER e experiencia).
- Apoio na loxística do comedor, limpeza e desinfección (se fose preciso) e mantención das persoas participantes.
- Dinamización do espazo familiar.
- Atención e información ao público (precísase que falen inglés).
Todos os colaboradores estarán debidamente asegurados e obterán un diploma da súa participación como voluntario ou voluntaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario