Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o día 17 de novembre de 2012, a Xunta Directiva da asociación propuxo nomear socios de honra a todos os socios fundadores de Sueste, definindo a estes como os que subscribiron a acta fundacional e os que posteriormente se sumaron ao proxecto Eliseo ata a data de 1 de decembro de 2005. Esta proposta foi aceptada polos asistentes en base ao grande interese e esforzo que estes membros da asociación realizaron para poder pór en marcha o Proxecto Eliseo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario